quinta-feira, julho 26, 2007

25 DE XULLO: FUEJOS, TEATRO E MÚSICA

E resulta que foi o día da Pátria, ou de Galiza, ou de Galicia, ou do apóstolo, ou do santo patrón de españa, ou de santiago matamoros y cierraspaña!, ou... Iso, que foi o 25 de Xullo. Eu pasei por alí e fun a catro espectáculos organizados pola comisión: os fuejos, unha performance (teatro moderno dese raro), aos Orishas en concerto e aos The Ellas en concerto. Imos por orde.

Os Fuejos: un lixo. Igual o día que os organizadores se decaten de que hai máis xente mirando fóra do Obradoiro que dentro poñerán máis lumes aéreos. Se, aínda por riba, só poñen unha traca final e enchen todo de fume, o resultado é o seguinte:


A performance: un rollo estrano. A min esto da arte moderna... non sei. A cousa era máis ou menos así: o público sentado nas escaleiras de platerías. Enfrente, á esquerda, un grupo de 30-40 actores, ataviados con bandeiras de Galicia ou Cataluña e máscaras brancas. Á dereita outro grupo duns 20 actores, neste caso vestidos de azul e cuns paus grandes na man. A acción comeza cando o primeiro grupo comezou a dicir "Fascistas, fascistas!" cara o outo grupo e este amagaba con moverse cara a eles. Repetiron a acción várias veces ata que o grupo vestido de azul comezou a correr atrás do outro. Creo que era unha adaptación libre de "West side story".



Os concertos: En común tiveron un son bastante malo. O de Orishas estaba ben, pero gustoume máis o outro e sorprendeume que o Tosar canta ben, e cunha voz moi suave e nada parecida á que ten cando fala e/ou actúa. Se lle sumas uns bos músicos e unha boa selección de cancións, dáche un bo concerto. Esta é a foto mala do de Orishas:

sexta-feira, julho 20, 2007

POLA LIBERDADE DE EXPRESIÓN (III)

1, 7 e 1573. Son os números dos exemplares da revista semanal "El Jueves" retirados pola xustiza nos 30 anos da súa historia. Había 30 anos da última vez. E non había a "democracia" como agora. Pero cometeron un erro moi grande: non se pon á familia real na portada. Os lectores habituais da revista sabemos que moitas veces se publicaron caricaturas máis fortes do rei e a súa parentela, mais era dentro e ninguén a vía. Un par de centos de miles de jipis trasnochados. Agora, esa portada está en miles de páxinas web, xornais dixitais, televisión... e a revista esgotou a súa tirada. A edición dixital só poñía "SERVER IS TOO BUSY". Igual só era unha estratexia de márquetin de Monteys. Aínda llo van ter que agradecer ao del Olmo este. Eu merquei a revista o mércores e lina nos descansos do traballo, como se pode comprobar.

Etiquetas:

sexta-feira, julho 13, 2007

MÚSICA NO VERÁN

Chega o verán e chegan as festas. Por estes lares temos unha serie de eventos que xa son imprescindibles nas axendas d@s máis e os non tan festeiros. Pasou xa o de Sabucedo, onde estiveron os estupendos GalegoZ dando conta da súa Revolution Dance e os impresionantes madrileños de Alameda do Soulna cun moi traballado reagge-ska e unha mellor posta en escea que fixo as delícias do público.
O testemuño tócalle collelo, o dez de agosto (atención ao cambio de data), ao festival Músicas da Terra de Ouzande. Presenta unha noite de música ao estilo habitual, cos locais Retrouso, as cantareiras de Faltriqueira e os gañadores morais do Apolohit 2006, a Banda Potemkin.
- Edito 17/07/07: tamén estará o grupo compostelán Lúa de Fouce -
Pola súa parte no festival As Nosas Músicas de Couso, o 14 de agosto, contaremos (se non me engano) coa presenza dos xa coñecidos Festicultores, Sérra-lhe aí (que estiveron en Ouzande o ano pasado) e, de novo, coa Banda Potemkin.
Do festival Pe na Estrada, que tivemos a oportunidade de desfrutar o ano pasado na Praia Fluvial do río Liñares non sabemos nada, igual ten que ver co cambio de goberno.

Etiquetas: , ,

domingo, julho 08, 2007

POLA LIBERDADE DE EXPRESIÓN II

O chimpín quere apoiar un blogo galego que avoga pola liberdade de elección e expresión. Chámase Tan gallego como el gazpacho. Adiante compañeiros, estamos con vós e contra todos os ataques inxustificados que recibides.


Etiquetas: ,

terça-feira, julho 03, 2007

70 ANOS DESPOIS

70 anos despois de que os golpistas fusilaran a parte da corporación e veciños da Estrada, parte dos veciños estaban ilusionados cun novo goberno, cun cambio que algúns dos poucos que quedan e viviron aquela barbarie recibiron con bágoas.
70 anos despois a esquerda voltou gañar unhas municipais na Estrada.
70 anos despois temos a oportunidade de ter de novo na Estrada un goberno de esquerdas.
70 anos depois algúns teñen que esquecerse por un tempo de vice-alcaldías, concellalías e adicacións exclusivas e facer un esforzo polo ben dos veciños.
70 anos despois a mellor homenaxe que se pode facer é ter na Estrada un goberno de esquerdas, polos que estamos aquí e polos que morreron agardando a que este dia chegara.

Etiquetas: