terça-feira, julho 03, 2007

70 ANOS DESPOIS

70 anos despois de que os golpistas fusilaran a parte da corporación e veciños da Estrada, parte dos veciños estaban ilusionados cun novo goberno, cun cambio que algúns dos poucos que quedan e viviron aquela barbarie recibiron con bágoas.
70 anos despois a esquerda voltou gañar unhas municipais na Estrada.
70 anos despois temos a oportunidade de ter de novo na Estrada un goberno de esquerdas.
70 anos depois algúns teñen que esquecerse por un tempo de vice-alcaldías, concellalías e adicacións exclusivas e facer un esforzo polo ben dos veciños.
70 anos despois a mellor homenaxe que se pode facer é ter na Estrada un goberno de esquerdas, polos que estamos aquí e polos que morreron agardando a que este dia chegara.

Etiquetas:

6 Comments:

At 3/7/07 13:56, Anonymous Anónimo said...

Moi ben explicada a desilusión que moitos e moitas vivimos nestes días. Agora que pensabamos que ía gobernar a esquerda, unida e deixando de lado os intereses partidarios, como no 36... é triste ver como algúns din que prefiren que siga mandando a extrema-dereita... así nos vai.

 
At 3/7/07 14:00, Anonymous Anónimo said...

a Psoes e Bngas deveria dar-lhes vergonha olhar à cara aos supervivintes do 36 e às famílias daquelas pessoas que morreron...

 
At 4/7/07 16:54, Anonymous Anónimo said...

Non é o mismo gobernar en minoría que que goberne a dereita. ¿Ou tendes medo de que compren algún "débil" do psoe?
O que non debe facer un, creo eu, é que unha vez que lle dan unha ostia (pacto)e poñer a outra meixela (soldo).

 
At 4/7/07 20:04, Anonymous Anónimo said...

Ese é o asunto: moitas persoas non entendemos que bofetada houbo de quen a quen nin que grandes ofensas se deron como para rebentar as posibilidades de gobernar xuntos, e ningún dos dous partidos nolo soubo explicar até agora.
É unha decepción ver como prevalecen os intereses partidarios por riba dos políticos.

 
At 7/7/07 22:22, Anonymous Anónimo said...

Pero, ¿cuantos del Psoe (victimas aparte) estaban en los actos del 36 que se hicieron toda esta temporada?
Mas de lo mismo, los del bloque trabajando y los otros a recoger.

 
At 8/7/07 23:33, Blogger chimpín said...

Actos, actos. A mellor homenaxe que se lles pode facer non é un acto (que tamén están ben, ollo). Non se trata de actuar, senón de facer.

 

Enviar um comentário

<< Home