Municipais07: OBRAS E GRACIA
O de Campos (Chito) ten gracia. Antes cando chegaban as eleccións (xa foran autonómicas, xerais ou municipais) nos concellos poñíase un punto de luz a fulano ou un contedor en tal aldea. Pero este home non, vai máis alá. Resulta que no Souto de Vea levan meses queixándose dunhas obras que ben parecían as do escorial, dado que comezaron alá por xaneiro do ano pasado. E o señor andivo xestionando na diputación que llas remataran, mentres poñía excusas peregrinas para xustificar o retraso. Fallo pola súa parte, o único que precisaban os veciños era unha convocatoria de eleccións. Logo de un ano, tres meses e vinteseis días, como se dunha condea se tratase, o señor Don Chito anuncia o remate das obras dunha beirarúa como todo un logro, como se fose normal tardar ano e pico en poñer unhas baldosas. E xusto antes das eleccións. Sen ruborizarse. Persoalmente agardo que as rematen antes do día 27, porque senón os veciños do souto e arredores terán que agardar ás xerais para velas rematadas. E aínda queda outro ano. E tamén agardo que os veciños non se esquezan en quince días do estado do lugar no último ano.
Da peonalización de Serafín Pazo, que queda en medio metro máis de acera diante do cine, ou dos últimos asfaltados , ou do arranxo dos parques infantís xa non digo nada. Para que.
Etiquetas: LOCAL, MUNICIPAIS 2007
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home