DA TORRE E AS ADMINISTRACIÓNS
A Torre de Guimarei está declarada Ben de Interese Cultural pola Lei 13/85 LEY DE PATRIMONIO HISTORICO 25/06/1985 (.pdf, 2,4 MB) e posteriormente pola LEI 8/1995, DE 30 DE OUTUBRO, DO PATRIMONIO CULTURAL DE GALICIA (DOG nº 214, de 8 de novembro de
1995). (.pdf, 72 KB), pola cal a administración autonómica asume todas as competencias en materia de Patrimonio Cultural de Galicia.
Na Lei 8/1995, no seu artigo 25.1 dise:
Os propietarios, posuidores e demáis titulares de dereitos reais sobre bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia están obrigados a conservalos, cuidalos e protexelos debidamente para segurar a súa integridade e evitar a súa perda, destrucción ou deterioración.
Non sei se é cous miña ou non, pero creo que a conservación da Torre e o Pazo de Guimarei así como do seu entorno nos últimos 20 anos deixa bastante que desexar, polo que se pode dicir que os anteriores propietarios incorreron nunha infracción grave, establecida no artigo 91. da devandita lei e sancionable cunha multa de 10.000.001 a 25.000.000 das antigas pesetas (de 60.000 a 150.000 €), competencia do Conselleiro de Cultura (Consellería en mans do PP dende a data de publicación da lei ata 10 anos despois).
Esa mesma consellería puido, no seu momento, aplicar o artigo 36.3 da Lei 16/1985 que di que
Cuando los propietarios o los titulares de derechos reales sobre bienes declarados de interés cultural o bienes incluidos en el inventario general no ejecuten las actuaciones exigidas en el cumplimiento de la obligación prevista en el apartado 1 de este artículo, la Administración competente, previo requerimiento a los interesados, podrá ordenar su ejecución subsidiaria.
Mais penso que non o fixo.
Como caso xa extremo, e segundo se indica no artigo 31. da Lei 8/1995:
O incumprimento das obrigas de protección e conservación será causa de interese social para a expropiación forzosa dos bens declarados e catalogados pola Administración competente.
Pode ser que todas estas competencias non correspondan ao Concello da Estrada, pero igual que se preocupou de chamar á Xunta cando mercaron a Torre tivo anos para preocuparse pola súa conservación e chamar á Xunta ou denunciar a situación da Torre ante a Dirección Xeral de Patrimonio.
Do feito de que o señor comprador quixera facer chalets ou non na finca, feito que persoalmente descoñezo, existe unha cousa que se chama Planeamento Urbanístico, este si competencia do Concello, que di onde e que se pode construir, á parte de que todo monumento ten unha área de protección dentro da cal para facer calquera tipo de obra hai que solicitar permiso á Dirección Xeral de Patrimonio. Total, que se o Concello non quixera chaletes e tivera un Planeamento adecuado á realidade (ou un planeamento, simplemente), nesa finca non se podería construir nin un alpendre para meter un chimpín.
E xa non me meto no tema de que xa lle ofertaron a Torre ao Concello hai anos, porque o Alcalde dirá que el non estaba daquela, ainda que si o seu partido (PP, AP, CP, todo o mesmo partido) ou igual non, e segue a considerarse "independente".
2 Comments:
graciAS CHIMPIN pola información!!!
Efectivamente, o Concello ía mercar a Torre, creo que foi no ano 70 (non había partidos políticos porque aínda había dictadura), sendo alcalde Mario Blanco. Pero foi cando o destituíron, e o novo alcalde, vendo que non era de interse urbanístico, pois había un informe negativo, "pasou" da compra.
Enviar um comentário
<< Home