terça-feira, fevereiro 27, 2007

KEN KEIRADES

Ven de apresentarse na Estrada unha nova asociación cultural (A.C. Ken Keirades) con ideas novas e gana de traballar. A apresentación tivo lugar este sábado no Pub Tubos cun concerto no que estiveron Sullivan Show, Esquíos e 33 RPM. Ainda que a afluencia de público estivo por debaixo do posible, ao chimpín a experiéncia parécelle positiva, e semente para cousas similares. Agora a asociación anda cos trámites legais e á busca dun local social onde facer máis actividades, como mesas redondas, recitais e exposicións. Desde aquí o chimpín dálle todo o seu apoio a este grupo e ánimos para que sigan adiante.
Por certo, comentarlle aos PPiños que se preguntan se esta asociación será competencia para mistura que neste mundo hai outras palabras que comezan por C como cooperación ou colaboración. Dicirlles tamén que segundo os correspondentes do chimpín un dos obxectivos de mistura é o fomento do asociacionismo, polo que igual incluso están contentos de que haxa unha nova iniciativa para cubrir eidos dos que a aadministración local pasa olímpicamente. E comentarlles que incluso sabemos de persoas de mistura que lles están botando unha man.
A ver se poño unha afoto un dia destes.

Etiquetas: ,

7 Comments:

At 6/3/07 00:05, Anonymous Anónimo said...

o comentario non foi feito por NNXX ,foi un particular, e cada un dí o que pensa .

nós demoslle a benvida a Ken Keirades i estamos a favor de todalas asociacións estradenses onde ademais consta traballan xente moi válida e que fan unha laboura incuestinable na A EStrada.

Saúdos NNXX

 
At 7/3/07 21:55, Anonymous Anónimo said...

Os kenkeirades comezan ben: conseguiron reunir a varias asociacións da Estrada (misturos, ouzandes, amas de casa, mulleres rurais varias -non sabemos dicir cales exactamente, non é tanta a información...) para redactar entre todas un manifesto COMÚN e facer un acto simbólico mañá, Día da Muller Traballadora. Iso si é traballar polo asociacionismo!!.
O acto, por certo, às 21.00 na praza do Concello.

 
At 19/3/07 18:43, Anonymous Anónimo said...

o caso é saber canto tempo tardan en esmorecer...porque ó parecer non tódolos membros teñen a mesma ilusión polo traballo....iso sen restar mérito os que SÍ se mollan por facer actividades e darlle vida a este pobo. ¿por qué os que máis se queixan son os que menos fan???? Incógnitas da vida...

 
At 12/5/08 16:49, Anonymous Anónimo said...

A data moi poucos saben onde ten o local social esta asociación que convoca un concurso fantasma de microrelatos.

 
At 22/5/08 16:21, Anonymous Anónimo said...

o local vaise abrir en breves na rua de perez viondi, onde era o bar bonsai.

 
At 22/5/08 16:22, Anonymous Anónimo said...

pois non liches ben as bases porq habia q envialo a biblioteca ou darllo ali persoalmente, agora poderas leer os relatos gañadores polos muros da estrada.

 
At 22/5/08 16:22, Anonymous Anónimo said...

pois non liches ben as bases porq habia q envialo a biblioteca ou darllo ali persoalmente, agora poderas leer os relatos gañadores polos muros da estrada.

 

Enviar um comentário

<< Home