terça-feira, novembro 21, 2006

A AUGA BUSCA CAMIÑO

Iso é algo que todos coñecen, di o dito que non se lle poden poñer barreiras ao mar. Pero somos así. gostamos de loitar contra a natureza. Vímolo en dias pasados en lugares como Cee e esta semana en Vilagarcía. No centro da Estrada non ocorría desde o 2001 cando caeu a variante da C-541 quince días despois de ser inaugurada polo daquela conselleiro e hoxe defenestrado Xosé Cuíña. Pero a história repítese, e esta fin de semana caeu outra rúa por ter tapado no seu día un regato coa oposición dos veciños non escoitada. E dá a casualidade de que é onda a casa do Alcalde. Que non se enterará, porque debe seguir de vacacións...

Etiquetas:

4 Comments:

At 21/11/06 22:43, Anonymous Anónimo said...

"Aos veciños nin puto caso"...eso é o que pensan algúns, coma p.ex. o alcalde de Barrio de Couso á hora de pechar e anexionarse a masa común do lado da sua casa.

Pero como "Aos veciños nin puto caso" por iso mesmo non lle importa ao PP, nin aos da oposición.

Son tal para cual. ¡Qué pena de pobo!

 
At 22/11/06 15:12, Anonymous Anónimo said...

os de Couso xa vos parecedes aos de Aedru, soltando o voso rollo en todas as partes, veña ou non a conto.

 
At 24/11/06 12:58, Anonymous Anónimo said...

pois di ti algo interesante enton...nalgún sitio hai que expresarse, veña ou non a conto como dis ti, amiguete...

No único que se pode expresar un é este, outra cousa e que fagan ou non caso, pero con xente tan constructiva e con opinions tan loables xa temos bastante. ¡Lástima que non houbera algún máis coma ti!

 
At 27/11/06 11:20, Blogger chimpín said...

A ver, a ver. O que non pretendo con iste blogo é que isto sexa unha discusión valeira de contido. O normal neste tipo de cousas é facer comentarios que se cingan ao asunto. Se hai algún que non o é vale, pero o que non se pode é poñerse a discutir e menos a menospreciar a ninguén, sobretodo tendo en conta que a maioria dos comments son anónimos e non sabes contra que tellado estás a tirar pedras. Repito que non teño intención de censurar comments, pero axudade tendo algo de coerencia nos mesmos. Obrigado.

 

Enviar um comentário

<< Home