KINKI FESTA
Así clasificaría eu o sucedido na praia fluvial de liñares este sábado. E organizaba o concello, que incluso asisteu o concellal do ramo (o de xuventude, que supoño que iso non estará considerado como cultura). Pois miles de persoas (2 miles segundo a organización; 0,8 miles segundo as contas do chimpín) asistiron á primeira edición do festival PÉ NA ESTRADA, que tivo mellores actuacións que as festas. Non en van estaban os semi-locais Matraca Perversa e Festicultores (estupendos con esa cabra balcánica) e os ilocalizábeis Che Sudaka, apresentando o seu disco Alerta Bihotza. Para a Banda Potemkin xa non quedei, que o frio... despois non hai quen acenda. Como o ano que ven traian á Kinky Beat vai ser a repanocha. Por certo, que tampouco hai que perderse o festival de Ouzande o dia 22.
Etiquetas: INTERNACIONAL, LOCAL, MÚSICA
2 Comments:
Tamén din outros rumores que temos outro armestiño no Concello. Outro máis a xuntarse com papá secretario e jorgito cultureta. Será verdade? Que alguén nos saque de dúbidas!
hai un erro: este comentario de arriba era para o post anterior, o da nova fornada de traballadores no concello. desculpas.cópioo no outro.
Enviar um comentário
<< Home