OS DIXITAIS DA ESTRADA
E resulta que os da Estrada Dixital veñen de poñer un centro de proceso de datos "como os das películas de ciencia ficción" con identificación con pegada dixital -non podía ser doutro xeito- e todo, cousa normal por outra parte se temos en conta que nin os que levan trinta anos no concello saben quen ten as chaves, que llas dan ao primeiro que pasa por alí. Non digo que teña nada de malo, éche unha forma como calquera outra de gastar os cartos, como poñer un bus de publicidade dun proxecto supostamente público (sería mellor un chimpín, que non se enteran do que mola) ou entregarlle un computador portátil a cada concelleiro, incluidos tamén aos da oposición (alguén os escoitou protestar por que llelo deran?).
Se só fora isto sería un concello calquera pero, non, nós somos da Estrada. Pois poñemos nove puntos de acceso a internet na rúa e non teñen máis que unha animación que fala de... de... das marabillas do povo? Iso sí, inaugurados para as festas. Que esto de estrear a roupa o día da festa xa non se leva. Somos unha aldea, si, pero moderna.
Etiquetas: LOCAL
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home