TITULARES DA PRENSA ESCRITA
Primeiro: La primera edición de la Feira de Oportunidades supera los 60.000 euros de volumen de negocio.
Lendo a noticia no faro parece que sacaron os cartos cunha carreta. Polo visto foi un grande éxito, a pesar de que asistiron 29 dos 185 comercios asociados á ACOE (que podia actualizar a súa web, porque debe levar meses igual). A noticia tamén nos di que asistiron persoas que maioriatriamente procedían de
A Estrada, Lalín, Silleda, Vila de Cruces, Padrón, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña, Vigo y A Coruña.Creo que tamén foi un de Forcarei, pero ¡ah! era minoría.
Descubro tamén que os do faro deben ser do bloque. ¡Como senón poden poñer nun titular que Don Ramón anda de viaxe pola Arxentina! Co que traballou ese home pola vila sen cobrar un peso. ¿Como poden insinuar, e nun titular ademáis, que o noso Alcalde anda por aí de paseo habendo traballo que facer? Home, nin que foran tan importantes as normas urbanísticas, ou o feito de entrar no consorcio de vicepresidencia para Asuntos Sociais.
Por último, o do Partido novo e o seu logotipo. Eu apostei que non ía sair adiante, e mira. Pero a ver. Para adecuarse aos novos tempos hai que facer cousas máis modernas. E se queres que o teu partido sexa unha novidade e o primeiro que imos coñecer del é o logo, deberas curralo un chisquiño máis. E xa cansei. Dos premios San Martiño xa falarei logo da entrega.
Etiquetas: LOCAL
6 Comments:
Eu teño un bo titular:
"Os alcaldes de barrio de Couso e Paradela saenlle rans a Chito"
Un, o de Couso, anda intentando roubar una leira de masa común e xa a pechou. Ninguén se mete con él (tan siquiera pechara unha das do cura pero non, como sempre a quen joden e aos veciños)
O outro, Pereiras, despois de que Chito lle fixera mil favores (a metade da familia traballa no concello) agora vai e sublevase. Vaia por Deus!!
E como non lle dan un premio SAN CHITIÑO a estes dous sinvergüenzas?
Estando Rebordelo, Arca, Valentino e demáis no xurado ben podían.
E que hai que facer para que te den un SANCHITIÑO deses?
Do alcalde de barrio de Couso sábese algo ou non?
E un delincuente ou só un caradura?
Ninguén do PP-PSOE-BNG dixo nada ainda
Non será que co silencio van ser complices...
K fixo o alcalde de barrio ??
Pechou unha leira propiedade dos veciños e anexionouna a súa parcela o moi fillo de ...
Enviar um comentário
<< Home