DISKORDIA
Non vou falar das relacións internas dos partidos políticos estradenses, senón dun grupo de música que non é a primeira vez que aparece neste blogue.
Pois resulta que hai un local na Estrada (o Soho) que tivo a excelente idea de facer un concurso para grupos noveis. Por causa da idade (é que xa vai indo alá a xuventude) non vou poder asistir a todos os concertos, mais sí puiden pasarme por este. E o resultado foi do meu agrado. A pesares da falla de médios (son, luces) o grupo soaba ben. Os rapaces dominan os instrumentos mellor que moitos que se ven por aí, e o que é mellor, non se adican a oubear nin a distorsionar as guitarras. A pena é que das letras non me enterei moito por causa do son.
Dúas guitarras, baixo, teclados, batería e voz. Adiante con esa Diskordia.
4 Comments:
de aki ao lanzamento mundial. Para cando o primeiro disco de DisKordia ??
Son algho chopinzuelos estes diskordikos, pero do mais simpaticos
algo chupins si que son pero bos rapaces ao fin.....chimpin descubrete ante o teu publico
E resulta que a garda civil suspendeu o concerto do venres pasado, no que actuaban os cuntienses Knell, por carecer o local de licenza para iso. É unha mágoa que iniciativas coma esta rematen así. E que as administracións non as apoien...
Enviar um comentário
<< Home