sexta-feira, janeiro 26, 2007

CADA DIA SOMOS MÁIS

Cada dia somos máis os concellos con representantes investigados pola xustiza. Desta volta é por cousa persoal, non do concello como algúns edís imputados nun xuizo por presunto delito urbanístico. Ao que lle tocou desta vez foi a José Luis Barcala Rodríguez (concelleiro do PP e alcalde de barrio de S. Andrés de Vea, segundo se quita da web municipal) que foi detido, segundo se destaca en diversos medios, en relación á presunta trama de fraude do leite nunha operación dirixida desde a Fiscalía Anticorrupción e a Audiencia Nacional. Repito que en princípio isto non ten que ver coa actividade pública deste home, senón coa súa actividade privada relacionada coa compra-venda de leite. Pero xa somos como os Concellos máis punteiros do Estado. Xa temos investigacións por delitos urbanísticos e polas actividades persoais de membros da corporación. Case case como en Marbella.

Etiquetas: ,

2 Comments:

At 26/1/07 18:41, Blogger Raposo said...

Ultimamente o PP estanlle saindo detidos por tódolos lados. E en vez de tratar de arranxar ese problema interno que teñen e expulsar do partido a tantos corruptos o que fan é votarlle a culpa a outros: que si persecución política, que si non é verdade, que si a xustiza non é xusta. O sexa practican o deporte de matar o mensaxeiro.

 
At 2/2/07 07:55, Anonymous Anónimo said...

A corrupción está tan xeneralizada entre esta xente que solo busca servirse da política ,que estes feitos acaban pasando inadvertidos, como meros accidentes do devenir do día a día.
Para A Estrada e vergonzoso que un cargo electo esté involucrado nestes escándalos, e que non se tomen medidas inmediatas. Eu non sei como a estas alturas a xente inda vai a votar.

 

Enviar um comentário

<< Home