segunda-feira, janeiro 15, 2007

O LIÑARES

Ven hoxe á Estrada o señor delegado de vivenda para entregar o proxecto do polígono do moble. Un polémico proxecto dun polígono industrial feito á beira dun río e entre as casas. Tanto, que @s veciñ@s de Lagartóns organizáron-se para defender o seu entorno, nunha parróquia que carecía de tecido asociativo (como a maioria das parróquias estradenses). Esta oposición cidadá atopou-se co rexeite frontal do B.N.G. estradense e, sobre todo, da súa cara visíbel Raquel López, que perdeu a confianza que moit@s veciñ@s de Lagartóns e Liñares depositaran no Bloque. E non polo que dí, que todo o mundo ten dereito a opinar, senón polas formas que tivo de cara á coordinadora en Defensa do Val do Liñares. E é que por ser un proxecto estrela do B.N.G. a nível galego, promovido por unha consellaria do bloque, non queren que haxa ningún problema, o que implica non admitir erros (de sabios é errar, e admiti-lo) e defende-lo a capa e espada, ainda á costa de cair en actitudes impositivas (houbo quen aludeu aos seus xenitais para afirmar que se ia levar adiante o proxecto) próprias de outros partidos e outros tempos. Na web do bloque estradense pode verse estos dias un bonito debate entre partidarios que gaban o proxecto e outra xente que di que non é ouro todo o que reloce.

Etiquetas:

1 Comments:

At 18/1/07 18:42, Anonymous Anónimo said...

E logo que o Liñares vaia perdido cos vertidos da cousas esas que puxeron nos ríos de tabeiros e a somoza que dín que son depuradoras,¿eso non debe ser importante?. xa che fai uns cuantos anos. Porque ao final bombeana e lavámonos tódos con cloro incluído(para non coller nada raro).

 

Enviar um comentário

<< Home