DE TAL PAI TAL FILLO
Falando en termos políticos, claro. E falo do pai Ramón "Chito" Campos e o fillo José Manuel Reboredo "Rebo". Aínda que comezaron na política ao mesmo tempo (Chito a súa segunda etapa, a primeira foi cando Franco), fixérono de xeito diferente. Don Ramón entrou directamente no goberno da man de Tallón e Rendo, mentres Rebo entrou directamente na oposición tras varios anos de goberno Popular con Elvira Fernández á cabeza. Foi ese (1991) un ano positivo para as arcas municipais, que reduciron a súa débeda a máis da metade e duplicaron a inversión. Ollo, nun ano. Pero había unha parte do goberno que non estaba satisfeita. Os de AIDAE (Agrupación Independente De A Estrada, se mal non lembro) querían máis e conseguiron unha alcaldía para un grupo que contaba con tres concellais de vinteún posibles (faime gracia ver agora ao señor Rodríguez Feijóo dicirlle aos do PSOE e BNG que teñen que gobernar as listas máis votadas). Segundo o, daquela, novo alcalde o cambio produciuse porque "déronnos o que pedimos".
Agora Rebo dimite para liderar un partido independente que ten, igual que a AIDAE hai 16 anos, como máxima aspiración sacar un par de concellais para ser chave de goberno. Se todo vai segundo o previsto, o PP perderá as eleccións como daquela (aínda que agora a Chito lle parecería unha desfeita, que mala é a memoria), e haberá que buscar pactos. A única diferenza é que os de Rebo xa avisan: pactarán co mellor postor, PP ou PSOE. Posiblemente co que lle dea a alcaldía a Rebo. Como xa pasou no 92.
Iso sí que é mirar polos intereses da Estrada e o seu pobo, que era do que pensaba eu que ía todo isto da política.
O único que espero é que o PSOE e o BNG non se deixen levar pola tentación do goberno e fagan un pacto a contranatura para que despois os deixen en bragas. Como xa pasou no 92.
Xa o dixo chito: "eu tamén fun independente".
Etiquetas: LOCAL
5 Comments:
Tiduo : partido do cidadán Reboredo.
Nas últimas , que non derradeiras eleccións municipais do ano 2003, no concello de A Estrada os concelleiros numeros 12 e 11 do partido popular sairon elexidos por 616 e 672 votos. Esto quere decir que no caso de que existira unha lista electoral distinta as que sairon votadas que lograra 1289 votos , esa lista lograría eses dous escanos que perdería o partido popular.
Como a xente pode ver a situación política no concello sería moi distinta a actual.
reboredo digobos que non saca ningún concelleiro
xa veredes!!
o pp obterá a maioria outra vez!!
A DESCOMPOSICIÓN DO PP NA ESTRADA
Algo debeulles sentar mal, o cheire e terrible, non de pode aguantar mais, e insufrible.
As ratas infectas están facendo das súas o longo de todo o municipio . Situación irrespirable.
esto e un S.O.S.
E CANDO OS VES FALANDO "DANDONSELAS" DE XENTE IMPORTANTE , MANDA CARALLO!!!, NON HAI VERGOÑA, DENDE LOGO BEN CERTO É QUE A XENTE REALMENTE VÁLIDA NON QUERE SABER NADA DA POLÍTICA, NORABOA A TODA ESA XENTE! A QUE NON QUERE LAMER O CÚ A NINGUÉN POR COBRAR MAIS OU SAIR EN ESTRADA TV OU FARO DE VIGO, PORQ TEN INTEGRIDADE PERSOAL , I ESO AMIGOS MEUS É O MAIS VALIOSO.UNHA APERTA A TODOS.
Enviar um comentário
<< Home