Municipais07: @S RESENTID@S
Somos os que ninguén chama, aqueles que todos os partidos ignoran, os que botamos semanas agardando por esa chamada que nunca chegou, os que pensabamos que tiñamos tantas cualidades como calquera, os que criamos ter ideas por/para A Estrada.
Somos os resentidos.
Somos as que ninguén chama, aquelas que estabamos seguras de que non rompiamos as fotos, as que serviamos para darlle paridade as listaxes, as que ata tíñamos estudos. As que non temos intereses particulares.
Somos as resentidas.
Porque ningún partido andou atrás nosa para ir de 4 na súa lista (nin sequera o noso).
Porque tamén queremos chupar do bote.
Porque tamén queremos ter un local céntrico e de deseño.
Porque ningún partido nos pediu ir no número 10 na súa lista (nin sequera o noso)
Porque tamén queremos ter curriculum.
Porque tamén queremos un chope para as nosas familias.
Porque ningún líder de partido (nin sequera o noso) nos pediu ir de 21 na lista.
Porque tampouco nos preocupa A Estrada.
Porque tamén queremos adicación exclusiva.
Porque non somos hipócritas...
...creamos un novo partido: @s Resentid@s.
Se a ti tampouco te chamou ninguén (nin sequera o teu partido) envía un comentario.
NÓS SI TE QUEREMOS NA NOSA LISTA
Etiquetas: LOCAL, MUNICIPAIS 2007
9 Comments:
boisimo
Eu son un RESENTIDO, pero temos que saber cantos somos, e propoño o seguinte: cada un na sua papeleta que poña RESENTIDO/A, e o voto sera nulo, e o final do dia en que tantos chupons veran satisfeitas as suas ansias de poder saberan, polo recoto de votos nulos, que hay unha nova forza social resentida.-
E non esquezades:
- escribir resentido na papeleta dos vosos abuelos para cando os vaian "buscar" para ir a votar.-
- que nos tamen merecemos unha dedicacion exclusiva.-
- e sobre todo que a nos non nos chamaron e por eso estamos RESENTIDOOOOOOOOOOOSSSSSSSSSSSSSS.-
UNHA CHAMADA NON COSTABA TANTO.-
creo k s realizar un voto nulo pola leis que hai ao final acabas votando ao partido maioritario.
Non sei ata que punto serias resinto.
MOI BO O ARTIGO
Alguén leu o Ensaio sobre a lucidez de Saramago. Nel unha cidade provoca unha crise política sem precedentes porque nas eleccións municipais TODA a poboación vota en branco.
Non sei se beneficia ou non ao grupo maioritario -cal vai ser, ademais?, pero eu únome a proposta e protestarei con ledicia escribindo "resentido" na papeleta dos que creía "meus". Quen queira entender que entenda.
Moi típico da Estrada,dar polo cu e non da-la cara.Facede un partido e traballade polo pobo,que non todo o mundo esta en política para beneficiarse.Con posturas como estas soio se beneficia aos de sempre e asi eles se rin de nos e seguen amasando e facendo o que lles sae do car...
Vaia, parece que hai xente que lle ten pouca autoestima ao seu pobo. Perdoe, señor/a meu/miña, pero o quee parece típico daquí (ou dos diferentes blogos que falan deste concello é falar (escribir neste caso) cun ton completamente fóra de lugar (que eu saiba -e seino ben- este chimpín nunca lle deu polo cu a ninguén) e utilizar os comentários anónimos para queixarse do anonimato da xente. Dicir tamén que igual "os de sempre" non son os mesmos para vostede que para min, xa que hai xente que pensa distinto. E temo que se volta a gañar o PP (que entendo que son os que vostede considera "os de sempre") a culpa será de quen vota ao PP, non de quen non os vota. Engado por último que o de montar partidos non creo que sexa a solución, senón que sería máis interesante que non que hai houbera un pouco máis de pluralismo para que xente coma o que suscribe non se sentira non-representado pola xente que se supón que é da súa corda. Este ano xa temos dous partidos novos, e a ver a quen beneficia.
Por certo, que se sae ben o d@s resentid@s igual para as próximas montamos un partido, vai ti saber.
a "culpa", un deses valores cristiáns dos que nunca nos desprenderemos, será dos que voten ao PP, mais a "responsabilidade", concepto ben máis bonito, é de todos os que non fan o posible para botalos. O resentimento é, como o pesimismo, un arranque de resignación. E a reisgnación, resentida ou xa, por fin, rendida, é de dereitas. A Estrada ten futuro. Galiza ten futuro. Non máis de tres nos poñeriamos dacordo no mesmo ideal de futuro, pero ese "manifesto inicoal" teu é puro nihilismo: nunca se fixo país -vila -futuro desde o nihilismo.
Vedes, este comentario é dos que me gustan. E é a mostra de que se pode criticar sen insultar. Acepto a crítica con sumo gusto e así a asumo. Estou dacordo con parte dela, pero con isto d@s resentid@s non hai só nihilismo. As veces hai que facerlle ver á xente, e aos partidos que non van polo bo camiño. Se, coma di o comentario de máis atrás, xa non todos, pero votaran nulo ou branco mil persoas seguro que os partidos se replantexarían certas actuacións, e comezarían a pensar o por que de non chegar ao pobo. Pero para os partidos daquí non hai estradenses, só hai votantes. De feito, que saia un chimpín (sen capacidade de convocatoria ningunha, imos ser sinceros) avogando polo voto nulo parece unha abominación e cáenlle chuzos por todos lados, pero o feito de que nas últimas municipais (ano 2003) a abstención fora do 44,92% -case a metade do censo- non escoitei que lle preocupara a ninguén.
Pois eso, máis críticas como esta.
Gracias Anónimo.
jejejejej esto e o maximo pero eu tamen porei resentido na miña papeleta e na da miña abuela jejejejejjejejeje, e nin Palmou nin, De la Calle, nin Raquel, nin Villamayor, nin Reboredo, nin ostias que quede Campos cunha gestora e liquide o Ayuntamiento en dous meses e a tomar viento jejejeeejejejeje.-
E po listo ese do voto nulo Que me explique como se beneficia a maioria co voto nulo????????
E se non sabes cal vai ser a maioria?
Cal e a tua interpretacion da lei electoral??????
Sabes porque sistema electoral nos basamos?
Falas polo que ves na tv?????.-
jjejejejejejejje vamos a decir burradas tralara tralara tralara.........
Enviar um comentário
<< Home