terça-feira, fevereiro 27, 2007

KEN KEIRADES

Ven de apresentarse na Estrada unha nova asociación cultural (A.C. Ken Keirades) con ideas novas e gana de traballar. A apresentación tivo lugar este sábado no Pub Tubos cun concerto no que estiveron Sullivan Show, Esquíos e 33 RPM. Ainda que a afluencia de público estivo por debaixo do posible, ao chimpín a experiéncia parécelle positiva, e semente para cousas similares. Agora a asociación anda cos trámites legais e á busca dun local social onde facer máis actividades, como mesas redondas, recitais e exposicións. Desde aquí o chimpín dálle todo o seu apoio a este grupo e ánimos para que sigan adiante.
Por certo, comentarlle aos PPiños que se preguntan se esta asociación será competencia para mistura que neste mundo hai outras palabras que comezan por C como cooperación ou colaboración. Dicirlles tamén que segundo os correspondentes do chimpín un dos obxectivos de mistura é o fomento do asociacionismo, polo que igual incluso están contentos de que haxa unha nova iniciativa para cubrir eidos dos que a aadministración local pasa olímpicamente. E comentarlles que incluso sabemos de persoas de mistura que lles están botando unha man.
A ver se poño unha afoto un dia destes.

Etiquetas: ,

sexta-feira, fevereiro 02, 2007

¡POLA LIBERDADE DE EXPRESIÓN!

Entérome por aestragada.com que o PP de Cambados e o PP de Ogrobe levan aos tribunais a dous blogues locais, Cousas de Cambados, Crónicas dun pobo e Cousas de O Grove, Crónicas de un pueblo. Desde o Chimpín queremos solidarizarnos con eles, porque non se pode denunciar a alguén por ser crítico co poder e moito menos por tomar a broma e con humor a diferéncia de caracteres.
Ánimo e adiante. Porque hoxe son eles, mañá eu... e logo serás ti.

Etiquetas: