terça-feira, outubro 16, 2007

TU QUOQUE IOLANDA? (OU POLA LIBERDADE DE EXPRESIÓN IV)


Tras varios anos facendo autocrítica da razón galega, o blogue gráfico Aduaneiros sem fronteiras ven de botar o peche definitivo. O motivo non é outro que a amenaza de demanda xudicial por delitos de inxúrias con publicidade, feita por un avogado en nome de Dona Yolanda Castaño Pereira, "poetisa" galega? e colaboradora da TVG, en relación a unha entrada do blogue e os supostos comentarios verquidos sobre a súa persoa. Para todos aqueles que lles dea por pensar que habia comentarios que puideran ser inxuriosos (poden lelos aquí, na caché do google) saiban, segundo palabras dun dos aduaneiros que "ofreceuselle borrar os comentarios inxuriosos e deixar a gráfica e a resposta foi que ou se quitaba todo ou ia a xuizo". Desde aquí, igual que nos solidarizamos coa revista El Jueves tras o seu secuestro xudicial, queremos solidarizarnos con Aduaneiros e unirnos á campaña espontánea criada no blogomillo.
Para todos aqueles que queiran incluir a animación en cuestión no seu blogue, o código está no blog "As túas balas".

Requeteactualización: logo de aumentar várias veces a lista de blogues e médios que se fixeron eco da nova, entérome, de novo por Chuza!, que acaba de ser publicado un segundo comunicado de Aduaneiros sem fronteiras sobre o peche da web para aclarar algúns termos dos que se comentaba en internet e desmentir algunha das palabras de Yolanda Castaño facendo público o mail recibido por parte do avogado da poetisa.

Fin: Deixo de actualizar a lista a 24/10/2007.


Máis info en:

  1. Chuza! (dous, tres, catro e cinco)
  2. Menéame
  3. Vieiros (dous, Xabier Cordal e Yolanda Castaño)
  4. Código cero
  5. GZ Nación
  6. La Opinión de A Coruña
  7. Xornal (dous)
  8. Xeración web
  9. Galicia Hoxe (dous, Fernán Vello e catro)
  10. El Pais
  11. El Correo Gallego
  12. MundoGaliza

Máis blogues:

  1. O cartafol de silencios (dous)
  2. Arredemo
  3. Apocalipse do porco (dous, tres e catro)
  4. As túas balas
  5. Beliscos pequenos
  6. Modestoweb
  7. Neorama dos quadrinhos
  8. O quilombo
  9. Travesías arcanas
  10. A porta de prismos
  11. Movemento polos dereitos civís
  12. Diario dum suevo
  13. Chantos na chaira
  14. Galpón de Breogán
  15. Plataforma Ártabra 21
  16. Zero vacas
  17. Blas García
  18. Opaco
  19. Portal galego da língua
  20. Calidonia
  21. Ana B. Bande
  22. A Dorfunteca
  23. Si home si (dous)
  24. Além da linha inimiga
  25. Intifada ghaiteira
  26. Dias estranhos
  27. Xornal aberto
  28. Croques
  29. Unha leituga en apuros
  30. Paraxe do incordio
  31. Caminhos cruzados (dous, tres)
  32. Sempre en Galiza
  33. Galicia Confidencial
  34. Lucenismo e outros males
  35. Marcus (dous)
  36. Islas Cies blog
  37. Andrés Milleiro / Todos somos Aduaneiros
  38. Entrecomics
  39. Clube de fans Os da Ría
  40. O Ollo da Vaca
  41. Inseminario
  42. Curioso impertinente
  43. Papel en blanco
  44. Malmequer
  45. Transparencias
  46. MariBolheras Precárias
  47. Vagalú
  48. Rompendo o silenzo
  49. Papar e vivir
  50. Made in Galiza
  51. O mundo de birnarem
  52. Mintirosa do sapo (Nota como a de gerardinho2000: que não vos passe como a mim a primeira vez, ligai os alto-falantes do PC)
  53. Mariano Grueiro
  54. PHOHP
  55. Capitulo 0
  56. O bazar de Nes
  57. De medievalismo y otras aventuras
  58. Galiza Sosego (peche)
  59. O ruido dos dias
  60. O escunchador
  61. Blog para unha antroidada
  62. Zimmer103

segunda-feira, outubro 15, 2007

OUZANDE ESTREA BLOG

A asociación cultural A Fervenza de Ouzande ven de estrearse na blogosfera, cun blog no que, segundo din na primeira entrada, irán "informando das nosas actividades e contándoche a nosa historia". Desde aquí desexamoslles unha longa travesia pola rede. Benvidos.
Asimesmo animamos ao resto de asociacións estradenses a que se unan á iniciativa xa que, se ben unha web precisa dun deseño e un mantemento, un blog pode servir para informar de actividades de xeito moi sinxelo.

http://carreiros.blogspot.com/

Etiquetas: ,

sexta-feira, outubro 12, 2007

UN XESTO PARA RAJOY


Outros xestos:

Blas Garcia
Diario dum suevo
Chiringuito blog

No Chuza!

terça-feira, outubro 09, 2007

DÉIXA-ME PENSAR... QUEN SERIAN...

Se venden 75 pazos gallegos. Razón, aquí



..."Otro de los inmuebles señoriales mejor tasados es el pazo de Preguecido, inaugurado en 1.556 en A Estrada. La heredera, Cruz Diz, lo vende por 2.500.000 euros. Tiene capilla, crucero, uno de los 7 palomares octogonales que hay en Galicia, 18 dormitorios y 250.000 metros cuadrados de finca, "la parcela más grande de Pontevedra". Los primeros en hacerle una oferta fueron un ex conselleiro y un concejal que, "para presionar", le "pusieron la protección máxima" a su terreno. Luego pasaron "madrileños, valencianos, catalanes", gente que quería montar un campo de golf, otro ex conselleiro y un gallego que soñaba con un cámping. Pero en año y medio, no ha habido trato."

El Pais, 07/10/2007

BOA XENTE

"Hai homes que loitan un día
e son bos,
hai outros que loitan un ano
e son mellores,
hai algúns que loitan moitos anos
e son moi bos,
pero hainos que loitan toda a vida,
eses son os imprescindibeis"

Bertolt Brecht

Esta cita de Bertolt Brecht escoitase moitas veces cando se fala de Ernesto Che Guevara, cuxo cabodano (e van 40) se celebra hoxe. Ainda na actualidade é unha personaxe controvertida a quen se considera loitador, libertador e revolucionário por parte das esquerdas e delincuente e asasino por parte das dereitas (xeralizando, que cada persoa opinará o seu). O que si está claro é que é todo un icono, e que representa ao inconformismo co poder establecido (lembrar que deixou a revolucion cubana cando trunfou definitivamente para seguir loitando noutros paises). E o que tamén está claro é que de uns anos a esta parte estamos asistindo a unha banalización da súa imaxe (a famosa foto de Alberto Korda), que se utiliza como simple ornamento sen que algunha da xente que a leva en camisetas ou bolsos saiba exactamente quen foi. Mais non hai que verlle a todo o lado negativo. Quen leva esa imaxe nunha camiseta ou nun bolso pode que non saiba quen é, pero lévaa porque sabe que é un símbolo do inconformismo, e lévaa porque non está conforme.

Presente.






segunda-feira, outubro 08, 2007

O PACTO

Previamente, no concello da Estrada:

  • O que fixo o PP xa o sabemos e, polo que se ve, tamén está claro o que vai facer o PSOE.
  • os socios-listos deberías en facer unha auditoria tal como se fai en teo, para ver como deixaron os do PP o Concello. ¿Ou é que non van facela para q1ue logo non lla fagan a eles?
  • Chegará o goberno municipal socialista aos 100 días con algún deber feito? Alguén notou “o cambio” de goberno local?
  • Efectivamente ainda non se nota cambio no governo local, salvo nunha cousa, que este sae máis na televión local co outro, que xa é dicir.Mandache carallinho. Creo que lle van a poñer nas siglas a letra “D” e pasará a chamarse dono estrada televisión.
  • Diría o mesmo Dono, se o Bloque da Estrada incumplira o Acordo Marco e el non fora Alcalde?
  • ...ovellas descarriadas que agora andan pactando con Dono (Cidadáns)...
  • Esta xente vai facer que a xente empeze a pensar o do “co PP isto non pasaba”
  • E sobre o tema do PXOM direi que o PSOE debe estar negociando con Reboredo a ver que se pode arranxar e que hai que deixar como está, a fin de contas el elaborou este PXOM e el ten a chave para poder aprobalo.
  • Xa está ben que Dono lle bote a culpa de todo os funcionarios e abronque os xornalistas. Que abran a piscina, axilice as licencias e aprobe o Pxom. E que nos explique o seu pacto con Reboredo
  • ...din que a Espiño non lle dan as contas e pretende levar a cabo un novo catastrazo, agora no rural (pois penso que na vila non se atrevería, visto o visto). Será para pagarlle o soldo de Dono? Ou terá que facer contas con Reboredo?
  • Por certo, vistes pola tele as boas migas que facían Dono (PSOE) e López (PP), os dous defendendo a Sanmartín (PSOE) e falando mal do Conselleiro (BNG)?
  • os simpatizantes do BNG xa tivemos unha reunión e xa sabemos o que hai.
  • o psoe de esquerdas? non me fagades rir.
  • ...ao PSOE sempre lle quedará Reboredo…
  • os sociatas non están preocupados co pacto co BNG, iso é certo, porque xa o teñen todo con Reboredo e Juan Torres.
  • INTRANSIXENCIA PREPOTENCIA=INCOMPETENCIA?
  • É unha pregunta que lanzo ao foro porque estou preocupado co talante intransixente e prepotente que está a mostrar Dono.
  • ...o PSOE non fixo nada para merecer o triunfo, nada.
  • Dono fará bo a Chito, e se non ao tempo.
  • ...Eu non votei por el, pero falo con moita xente que si o fixo e tá alucinada por andar de pactos con Reboredo...
  • Se Espiño e os seus pactaron co PP de Reboredo durante a ultima lexislatura, agora Reboredo pacta co PSOE e viceversa.
  • E parece que en Teo o PSOE e o PP tamén se entende á perfección.
  • A experiencia é que PSOE e Reboredo pactaron na anterior lexislatura moitos asuntos para deixar de lado ao BNG. Estando Gonzalo e despois Raquel.
  • Os estradenses xa estamos afeitos a ver como o PSOE pacta co PP e afíns.
  • É a mesma política que a do PP.
  • Reboredo merece unha recompensa. Por que non o nomean asesor de Urbanismo?
  • PSOE REBOREDO(PP bis)=PACTO DA VERGOÑA
  • O voso é apoiar os vosos intereses particulares e partidistas. Ala, ala, a seguir pactando co cidadán Reboredo. QUE SERÁ O QUE LLE DADES A CAMBIO?
  • Dono non ten o apoio da maioría dos estradenses que foron votar. E el si que é “integrista” e “talibán”
  • Andaremos e veremos como se consolida o pacto PSOE-CIDADANS
  • ...estratexia do PSOE enganando a súa base social dicindo que non puideron pactar co BNG porque lle pedian moito e asi xustificar o pacto con Cidadáns que xa se visualizou no acordo do soldo desorbitado e outros que irán saindo.
  • Mellor que gobernen en minoria senon dentro de catro anos eles levanse as flores e os votos e os do BNG baixan como esta ocurrindo en outros municipios de galiza.
  • Por certo, o PSOE é de esquerdas?

Todas istas frases foron recollidas dos comentarios feitos por simpatizantes do BNG nos blogs "Ruxe-ruxe na Estrada", "A Estragada" (lazos no lateral) e este próprio. Non poño os lazos de todos porque é demasiado traballo, pero aseguro que non inventei nada. Seguirán pensando o mesmo agora?

Noraboa da miña parte a PSOE e BNG por ter acadado un pacto de goberno. Así sempre o quixen e defendín, como quedou patente nesta bitácora.

Etiquetas: ,

sábado, outubro 06, 2007

FREEBATASUNA

Ante a detención de preto de 20 representantes da esquerda indepentista basca, iniciamos unha campaña de denuncia.

Se estás dacordo une-te.

Só tes que pendurar un post no teu blog, en mesaxeria instantánea, e-mail, Myspace, Fotolog.... coa palabra freebatasuna.

Manifesto:
Por unha solución democrática, as palabras sobran: freebatasuna.


Euskal ezker independentistako 20 ordezkari inguru atxilotu dituztela-eta, salaketa kanpaina abiatu dugu.

Adierazpenarekin ados bazaude, bat egin ezazu.

Zure blogean, bat-bateko mezularitzan, epostan, Myspacen, Fotologen... freebatasuna hitza duen post bat idatzi besterik ez duzu egin behar.

Adierazpena:
Konponbide demokratiko baten alde: hitzak soberan daude: freebatasuna



Perante a detençom de perto de 20 representantes da esquerda independentista basca, iniciamos umha camapanha de denúncia. Se estás dacordo une-te.

Só tés que pendurar um post no teu blog, mensageria instantánea, e-mail, Myspace, Foto-log... coa palavra freebatasuna.

Manifesto:
Por umha solucçom democrática, as palavras sombram-se: freebatasuna.