quarta-feira, julho 05, 2006

OS DIXITAIS DA ESTRADA

E resulta que os da Estrada Dixital veñen de poñer un centro de proceso de datos "como os das películas de ciencia ficción" con identificación con pegada dixital -non podía ser doutro xeito- e todo, cousa normal por outra parte se temos en conta que nin os que levan trinta anos no concello saben quen ten as chaves, que llas dan ao primeiro que pasa por alí. Non digo que teña nada de malo, éche unha forma como calquera outra de gastar os cartos, como poñer un bus de publicidade dun proxecto supostamente público (sería mellor un chimpín, que non se enteran do que mola) ou entregarlle un computador portátil a cada concelleiro, incluidos tamén aos da oposición (alguén os escoitou protestar por que llelo deran?).
Se só fora isto sería un concello calquera pero, non, nós somos da Estrada. Pois poñemos nove puntos de acceso a internet na rúa e non teñen máis que unha animación que fala de... de... das marabillas do povo? Iso sí, inaugurados para as festas. Que esto de estrear a roupa o día da festa xa non se leva. Somos unha aldea, si, pero moderna.

Etiquetas:

segunda-feira, julho 03, 2006

DE RAPA (e 3)

Aí vos van un par de afotos das greas de Sabucedo. Con bestas de dúas e catro patas


Sinal de alertaAs bestas que mandan agora (O frotógafo non vai no testo)

Unha grea. Non lles mirar os dentes
Outra grea. Macroconcerto en Sabucedo

Etiquetas:

sábado, julho 01, 2006

DE RAPA (2)

De volta estamos. Os concertos de onte ben, só que non estaban (ou non vin) os tal LePunk. Estiveron os do Linho do Cuco (ben como case sempre), os do Tear de Llerena (ben tamén, cunha música novedosa e un compoñente fan de Davide Salvado) e uns tal Viñalar Fantastic Band quen, como o nome indica eran unha banda en todo o sentido da palabra. Con músicos daquí e dalá versionaron temas de Pucho Boedo, The Clash ou clásicos como o ¡Ay Carmela!

Hoxe no monte mal, a néboa non deixou traballar e baixaron cos cabalos contra as sete da tarde, meténdoos directamente no curro.

E aquí vai un video da rapa do ano pasado. Calidade pouca, pero como idea do que é ben vale.

Etiquetas: ,