segunda-feira, dezembro 04, 2006

CONCURSO B.S.O.

A obsesión do alcalde polos seus lombos de burro, bandas rugosas ou bandas sonoras (B.S.O.) chega case ao enfermizo. Agora di que se van poñer por narices, por moito que se lle diga por todos lados que é un exceso a cantidade. Se non queres caldo, sete tazas. E é que llo pediron por escrito. E se llo piden por escrito, hai que cumplir. Por iso propoño un concurso, e con premio exclusivo. Consiste en darlle ideas ao alcalde para mellorar A Estrada. E quedarán por escrito nos comments do blogo. Polo que terá que cumplir, supoño. A dinámica é sinxela:
  1. Propón unha actuación a través dun comment a este post.
  2. Como hai premio o comment non pode ser anónimo, senón a ver como sei eu quen o puxo. o ideal seria poñer un enderezo electrónico como sinatura. Tamén os podedes enviar a chimpinho(arroba)gmail(ponto)com.
  3. Entre as propostas enviadas o chimpín escollerá a que máis lle guste, de modo completamente subxectivo, e obsequiará-lle cunha estupenda camisola-chimpín
  4. O chimpín resérva-se a liberdade de dar máis premios se lle ven en gana, así como de variar as bases do concurso.
  5. Os participantes non teñen que estar dacordo coas bases, pero son as que hai.

Etiquetas: ,