segunda-feira, maio 28, 2007

Municipais07: INESPERADO

Gañou o voto de progreso. Na Estrada ao PP non lle vale nin eso de que ten que gobernar a lista máis votada. Porque a dereita perdeu por primeira vez na democrácia.
Ninguén o agardaba. Habia algunha persoa que vaticinou unha lixeira vitória do PSOE, mais dándolle 8 concelleiros. Eu creo que nin eles o esperaban. 9 concellais, e case 10. Foi o cambio de candidato? Foi unha campaña dirixida contra o PP e Reboredo? Foi que Dono dixo que non ia deixar de exercer a medicina no ambulatório? Foi o voto dos descontentos co PP? Foi o voto útil? Temas para que analisen con tempo, e agora a non defraudar aos/ás votantes.
Ninguén o agardaba. Alguén tiña algunha esperanza, mais pouca xente, e menos o próprio PP, pensaba que ian baixar tanto, de 12 a 7 concellais. Foi un voto de castigo polo PXOM? Tiraba Chito máis do que parecia? De la Calle non vale para atraer masas? Tira Reboredo máis do que pensaban? Teñen catro anos para remoer.
Ninguén o agardaba? Eles non, o vínculo do BNG coa realidade non está demasiado claro. Agardaban un mínimo de 5 concellais. E sacaron tres. Voltan aos resultados do 95. Mais debia haber quen pensaba na maioria absoluta. Non se entenderia, senón, o feito de que digan agora que o BNG non quere entrar no goberno, se é certo o que publica A Voz (EDITADO: xa dispoñible na edición dixital) e que me pareceu entender onte nos especiais das televisións locais. Para que se presentaron entón? E a baixada. A min que non me boten a culpa, que este blogo o len 40 persoas ao dia e son sempre as mesmas. Foi polo apoio incondicional e a toda costa á cidade do moble? Foi pola candidata? Foi por unha campaña dirixida, entre outros, contra a única posibilidade de pacto que tiñan? Foi polo voto útil que me dician que tiña que facer e que foi parar ao PSOE? Mirádeo ben, e reflexionádeo ben, e pensade ben o de entrar no goberno, porque senón igual nas próximas eleccións perdedes os concellais que vos quedan.
O de Reboredo e Villamayor si que era esperado por todos, e tamén por eles. Agora queda saber se Reboredo vai seguir sendo concelleiro logo do xuizo ou vai ser inhabilitado.

Persoalmente quédome coas declaracións que onte fixo Dono, dicindo que queria gobernar en coalición co BNG, que era o seu aliado natural, e que hoxe mesmo EL ia ir falar con eles para empezar a negociar. E repito, os votantes do Bloque queren ás persoas ás que votaron no goberno.

Etiquetas: ,

quinta-feira, maio 24, 2007

Municipais07: PNVBNE

O das eleccións este ano está dando moito xugo. Eu xa non sabía a quen votar, por iso montamos esto d@s RESENTID@S e o do Partido das Droghas Tradense. Mais tamén é certo que sempre me tirou máis o BNG ca os outros partidos. Nacionalistas e de esquerdas. Que pasa?, que con esto da chegada ao poder, as leas internas, etc. moita xente comezou a poñerse recelosa do esquerdismo do Bloque e das súas formas de facer certas cousas. Por iso debeu se que houbo quen montou un partido virtual chamado PVBE, ou Partido dos que Votan ao BNG por Eliminación ao que eu xa estaba afiliado nada máis nacer o partido, incluso antes de coñecelo. O tema é que segundo vin no chuza! o señor Quin, chefe sumo do partido e responsable da "anovación" (outros pensamos que retroceso) do partido ven dicindo agora que o nacionalismo galego, e do Bloque, "no se inscribe en lo que tradicionalmente se considera izquierda". Eu quero votar á esquerda e polo visto o Bloque xa non é de esquerdas, polo tanto desde este instante abandono o PVBE e dáme por fundar o Partido dos que NON Votan ao Bloque nin por Eliminación (PNVBNE). E aí queda papeleta eleitoral por se alguén quere secundar a iniciativa. Non hai máis que imprimir, recortar e meter nun sobre.

Etiquetas: , ,

domingo, maio 20, 2007

Municipais07: ENQUISA

Aparece hoxe unha enquisa no Faro de Vigo onde se dá conta das intencións de voto dos estradenses de cara ás eleccións municipais do próximo domingo. Segundo esta enquisa existe a posibilidade de goberno en solitario do PP ou en coalición cos Cidadáns de Reboredo (aliado lóxico do PP), xa que lle dá 10 ou 11 concelleiros ao PP e 0-1 aos Cidadáns. Segundo a enquisa quedaria unha posibilidade de goberno de "esquedas" cunha hipotética coalición entre PSOE (6-7 concellais) e BNG (3-4), que se daría caso de quitar 7 o PSOE e 4 o BNG.
Eu non quero darme de vidente, nin fixen unha enquisa, mais non creo que as cousas vaian quedar así, nin tampouco como puxen na porra (8-8-3-2). No que si estou dacordo con Ipsos Consulting, empresa realizadora da enquisa, é nas tendencias no voto. A baixada do PP é evidente, e serían as segundas eleccións consecutivas que lle pasa, tras baixar máis dun 10% no 2003 respecto das anteriores. Mais para este ano agardo unha baixada maior, que se quedará nun 40-41% de apoios. Tamén a subida do PSOE é evidente, seguindo a progresión dos últimos anos. Agora, 6 paréceme pouco. E o BNG por aí andará, cos 3-4. O evidente é que non van sacar 5. E ben, chegamos ao punto de Reboredo e o CIDEGA. Non hai dados anteriores, non se sabe como pode cair a candidatura... E, sempre na miña opinión, é aquí onde vai estar a clave destas eleccións. Porque van pelexar por un concellal co bloque. E será a acta que dea o goberno a favor duns ou outros. E persoalmente creo que será cara á dereita, con 9 do PP e 2 do CIDEGA. Gustariame que non, mais trato de ser o máis obxectivo que se pode ser inventando unha enquisa. O que si teño claro é que o PP non vai ter 11. Se atino ou non saberémolo dentro dunha semana.

Etiquetas: ,

sexta-feira, maio 18, 2007

Municipais07: ALTERNATIVA ESTRADENSE

Revisando antigas entradas atopei unha na que falaba de Alternativa Estradense, dando por feito que perdera a miña aposta comigo mesmo de que non ían presentarse ás eleccións. Xa non o lembraba, mais poño esto porque atinei. O que non atopei foi o comentário onde o puxen. Debía estar no desaparecido Disque na Estrada, e debeu perderse para sempre.

terça-feira, maio 15, 2007

Municipais07: P.D.T.

No chimpín recibimos este comunicado. O feito de dalo a coñecer é porque... porque tá bonito. E a quen non lle gustou o dos RESENTID@S igual lle gosta este. Se por partidos non vai ser.

P.D.T.

[Partido das Droghas Tradense]



COMMUNIKADO 1



Hestimados TradenSes (hincluidos hos dos Partidos ghovernantes):
o P.D.T. xegou pra kedar-se. Dirisimo-nos a bos para enbiar-bos um hultimatun. Haí bai: que zaivades que keremos ganyar has Eleisions. Hestamos bisiando a bossa condutta he akavamos de hinfiltrar halghuns dos noSsos meiores hakSentes em tóda-las Mesas Helertoráis, hincluida a de Verres. Kuios haKsentes azquirirom az hapariências esternas dos mais malosos de todos bos koha kseniál idea de dalnos tódo-los botoz.
Zomos o ghrupo malloritario na Estraghada. Ha malloria ssshilensiosa: ¿kem no porvou drhogas na Estraghada? Tódo-las savemos donde hestám: nakel var, o do hondo a a dereita. Tódo-las savemos kenes xon os nozos meiores hakSentes: handan hentre bos, bestidos kom rallass. Sóyo patar-emos Kon Revuredo, EL-ke-bien-hescrive.
Hexxighimoss Puestos para tódo-los noss.
No P.D.T luitamos po-la dependênzia, DEPENDÊNZIA!!! DEPENDÊNZIA!!!, de to-dólos botadoress Do mundo mundial. Dependemos das drhoghas e hestamoss horGuyososs. O noSso seghinte passo será seqühestrar ha halghum dos memvros da bossa cóppula hintelettual -VIBA a Frebença. Nom o liverrare-mos se nom ganyamoz.
KEM HABISA NOn HÉ TRAHIDOR.


P.D.T.

Etiquetas: ,

segunda-feira, maio 14, 2007

Municipais07: OS LEMAS DA CAMPAÑA

O dos lemas de campaña é algo que non entendo demasiado ben. Noutros tempos os "slogans" utilizábanse para definir as políticas que seguiría o partido concreto caso de gañar as eleccións. Mais agora todo queda reducido a unha frase bonita e que quede ben no cartel electoral. Pódese comprobar no caso da Estrada. Quitado o lema dos Cidadáns, que tampouco di nada, mais leva o nome do partido, o resto serian completamente intercambiables. ¿Por que non poderia poñer o Bloque "Outra forma de gobernar", que é o que utiliza o Partido Galeguista? ¿Que tal lle quedaria ao PSOE a "Confianza" do PP? ¿E estes non poderian facer unha "A Estrada pensada para ti"? ¿E o PG non pode dicir que "Faremos máis" ouque son "Tempos novos"? E o dos "Cidadáns coma tí" (así, con til) ben valia para calquera, para calquera das sete cidades, claro. O da precampaña do PP, "Centrados en ti" definía, mais vendo as políticas do partido tamén mentía. E é que na Estrada non hai unha Esquerda Unida que propoña "Un goberno de esquerdas" de forma clara e concisa.

Etiquetas: ,

quarta-feira, maio 09, 2007

Municipais07: PORRA

Veña, xa que ainda teño unha camiseta por dar, imos facer unha porra destas eleccións.
As normas son simples:
  1. Para participar pon un comentario a este post.
  2. Hai que dicir cantos concellais van sacar cada partido (PP, PSOE, BNG, CIDEGA, PG) e teñen que sumar 21
  3. Non se poden repetir combinacións existentes (o que repita queda eliminado/a)
  4. Quen queira optar ao premio dunha Chimiseta debe identificarse dalgún modo, para poderlle facer entrega do premio (se ten identidade Blogger ou Google chega con iso). Admítense concursantes anónimos, mais estes non optan ao premio.
Pois iso, simple. O concurso pecharáse o día 26 de maio. De non aparecer gañador ou ser este anónimo non se entregará o premio, ou igual o sorteo entre os/as concursantes, a ver como me levanto o 28.
Molládevos, eu móllome e poño o primeiro comentario, ainda que cunha combinación que creo pouco probable.

Etiquetas: , ,

terça-feira, maio 08, 2007

Municipais07: OBRAS E GRACIA

O de Campos (Chito) ten gracia. Antes cando chegaban as eleccións (xa foran autonómicas, xerais ou municipais) nos concellos poñíase un punto de luz a fulano ou un contedor en tal aldea. Pero este home non, vai máis alá. Resulta que no Souto de Vea levan meses queixándose dunhas obras que ben parecían as do escorial, dado que comezaron alá por xaneiro do ano pasado. E o señor andivo xestionando na diputación que llas remataran, mentres poñía excusas peregrinas para xustificar o retraso. Fallo pola súa parte, o único que precisaban os veciños era unha convocatoria de eleccións. Logo de un ano, tres meses e vinteseis días, como se dunha condea se tratase, o señor Don Chito anuncia o remate das obras dunha beirarúa como todo un logro, como se fose normal tardar ano e pico en poñer unhas baldosas. E xusto antes das eleccións. Sen ruborizarse. Persoalmente agardo que as rematen antes do día 27, porque senón os veciños do souto e arredores terán que agardar ás xerais para velas rematadas. E aínda queda outro ano. E tamén agardo que os veciños non se esquezan en quince días do estado do lugar no último ano.
Da peonalización de Serafín Pazo, que queda en medio metro máis de acera diante do cine, ou dos últimos asfaltados , ou do arranxo dos parques infantís xa non digo nada. Para que.

Etiquetas: ,

segunda-feira, maio 07, 2007

ACTUALIZAZÓN

Escoitei falar moito da web 2.0, e escoitei de todo. Ao cabo, non sei se existe ou non, pero como non me quero qedar atrás aí á dereita tedes os feeds deste blogo.
Ademais poño tamén os lazos de Vieiros e Chuza!
Anovarse ou morrer.
Por certo que, falando de morrer, saeu estes días un rumor sobre a desaparición de aduaneiros sem fronteiras. E case, pero segue activa. E agardo que teña longa vida.

Etiquetas: ,

quarta-feira, maio 02, 2007

Municipais07: @S RESENTID@S

Somos os que ninguén chama, aqueles que todos os partidos ignoran, os que botamos semanas agardando por esa chamada que nunca chegou, os que pensabamos que tiñamos tantas cualidades como calquera, os que criamos ter ideas por/para A Estrada.

Somos os resentidos.

Somos as que ninguén chama, aquelas que estabamos seguras de que non rompiamos as fotos, as que serviamos para darlle paridade as listaxes, as que ata tíñamos estudos. As que non temos intereses particulares.

Somos as resentidas.


Porque ningún partido andou atrás nosa para ir de 4 na súa lista (nin sequera o noso).

Porque tamén queremos chupar do bote.

Porque tamén queremos ter un local céntrico e de deseño.

Porque ningún partido nos pediu ir no número 10 na súa lista (nin sequera o noso)

Porque tamén queremos ter curriculum.

Porque tamén queremos un chope para as nosas familias.

Porque ningún líder de partido (nin sequera o noso) nos pediu ir de 21 na lista.

Porque tampouco nos preocupa A Estrada.

Porque tamén queremos adicación exclusiva.


Porque non somos hipócritas...

...creamos un novo partido: @s Resentid@s.


Se a ti tampouco te chamou ninguén (nin sequera o teu partido) envía un comentario.

NÓS SI TE QUEREMOS NA NOSA LISTA

Etiquetas: ,