sexta-feira, abril 25, 2008

CONCELLO

E unha última anotación por hoxe. Vendo as anteriores, incluindo que, por exemplo, A Farola organiza unha noite teatral, ou que algún pub fai concertos de xeito habitual (cousa da que xa falei aquí algunha vez), ve-se que as avangardas e iniciativas culturais do concello non parten dos organismos oficiais. Seguimos igual. E isto non é culpa de que non haxa Plan Xeral (que por certo xa debera estar exposto ao público, se queren cumplir o prazo dun ano que deron nas eleccións), nin de cartos tampouco (que non me veñan a dicir que os bares ou asociacións estradenses teñen máis cartos que o Concello). Non, é simple falta de iniciativa. Nun ano que case leva o novo goberno non houbo nin unha iniciativa no eido da cultura diferente ás que habia cando o PP. O teatro que lle traen, homenaxes e papatórias e pouco máis. Penso que se poderia dicir da maioria dos ámbitos de goberno. Persoalmente só hai unha actuación que me deixa un pequeno lugar para a esperanza. É o regulamento de Participación Cidadá. Ainda que lento, parece que vai adiante. Polo resto, encefalograma plano.

Etiquetas: , ,

ANACOS DE UNIVERSO

Pola sua banda outra asociación, neste caso A Fervenza de Ouzande, organiza para o mes de maio unhas xornadas de introdución á astronomia, baixo o título Anacos de Universo. Máis info no blog de Carreiros.

Etiquetas: ,

MEMÓRIA

Hai que facer memória do ocorrido. Poño-o con retraso, mais ainda hai tempo. Mañá sábado 26, ás 18:30 no Teatro Principal da Estrada proxecta-se o documental Dignidade e Loita , da Plataforma Antifascista, dentro do ciclo de documentais sobre a memória histórica que organizou a Asociación Cultural Ken Keirades. Anteriormente proxectaron os documentais O Novo Emden, história dun pesqueiro galego que marchou para a América, e A Derradeira Lección do Mestre, realizado polo estradense Xoan Carlos Garrido.

E seguindo con esta asociación, mais noutro eido, leo na Voz que organizan para o Dia das Letras un concurso de microrrelatos, coa intención de utilizar partes dos mesmos para facer un grafitti, pintada ou mural nun valo da vila. Os traballos, de 1000 caracteres como máximo hai que entrega-los na Biblioteca Municipal até o 5 de maio. Hai prémio.

Etiquetas: , ,

ATUALIZANDO

Xa hai ben de tempo que non posteo, teño algo deixado o blogue, así que vou poñer unhas palabras variadas de cousas da Estrada. Posiblemente, e para ter máis mantido o tema, a partir de agora publique cousas que non teñen que ver direitamente coa Estrada, xa que ando algo apartado da vida municipal. Mais antes disto tres detalles que posteo.

Etiquetas:

quinta-feira, abril 03, 2008

PAIMUSICA

O outro dia atopei via chuza! (como non) un video do Youtube da nova canción de Lamatumbá (Camiños). Estaba posteado no blog de Sempreengaliza, e levei unha sorpresa cando lin os comentários. Polo visto alguén facendo-se pasar por PAI-música, editores do vídeo, denunciaron en Youtube que lles copiaran o vídeo mentres lle pedian ao autor do blog que tivese "algo menos de vergüenza". Estranou-me que en Youtube tivesen uns dereitos sobre os vídeos moi restrinxidos, xa que se ven en webs de todo o mundo, e tamén vídeos calcados de distinto usuário. Así que fixen algo que quizais deberan ter feito eles antes de denunciar: ler. Neste caso os termos de uso de Youtube. E polo visto, segundo eses termos de uso, cando subes un vídeo a Youtube concedes (e agora copio e pego)

1. a favor de YouTube... [non nos interesa agora]
2. a favor de cada usuario del Sitio Web, una licencia mundial, no exclusiva y exenta de royalties para acceder a sus Archivos de Usuario a través del Sitio Web, y para utilizar, reproducir, distribuir, realizar trabajos derivados de, mostrar y ejecutar dichos Archivos de Usuario en la medida de lo permitido por la funcionalidad del Sitio Web y con arreglo a los presentes Términos y Condiciones


Total, que puxen un comentário no video de Camiños Cruzados da conta de Youtube de PAI-música e outro no blog, para que vexan que non pasa nada por que outro usuário utilice o video. E total, que xa non está o comentário no Youtube. Foi borrado [Edito: ainda que penso que quedaria mellor unha resposta ao comentário, xustificaron o borrado da mensaxe].
E o seguinte queda para alguén facendo-se pasar por PAI-música
Parece que hai xente que non quere que se saiba que meten o zoco nin pedir desculpas. Así que protesto aquí. A ver se me borran o post. Non sei quen son esta xente, mais por se aparecen por aquí pido-lles, sinceramente, algo menos de vergüenza.

Edito:

Ao final conseguin-me poñer en contacto cos de paimúsica, que me comentan o seguinte:

No tenemos ni idea de lo que nos estás comentando, ya que nunca hemos denunciado a nadie por el uso de nuestros vídeos y mucho menos conocemos el blog

Así que aí arriba onde poñia PAI-música pasa a poñer alguén facendo-se pasar por PAI-música. E de paso agradezo-lles a resposta.

Etiquetas: , , ,