quinta-feira, fevereiro 07, 2008

DELICTO, SI. CULPÁBEIS, NON

É curioso ver algunhas sentenzas de algúns tribunais. Neste caso falo da xa coñecida po-la maioria dos leitores sentenza da Audiéncia Provincial de Pontevedra que absolve á corporación municipal do Concello da Estrada de 1993 dun delicto de prevaricación po-la concesión de licenzas ilegais. A graza que ten é que as licenzas foron anuladas por ser contrarias a dereito po-lo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, decisión confirmada máis tarde po-lo tribunal supremo.
En resumo, está probado que esa corporación concedeu licenzas ilegais, que de feito están anuladas, pero para a Audiéncia Provincial non é unha actitude delictiva porque non sabian o que facian, e ninguén lles avisou que conceder unha licenza contra os informes técnicos era motivo de delicto. Po-lo visto, o de que a ignoráncia da lei non exime do seu cumprimento non é aplicábel a todo o mundo e, polo visto, tampouco aos que teñen que sabelo.
E tamén me fai graza que agora os do PP digan que "hubo gente que se equivocó al precipitarse y hacer un juicio de valor" sobre o caso, cando hai uns meses deixaron fóra da lista das municipais a Reboredo porque estaba metido no allo. Iso si que é confiar na xente.
Agardando a ver se o BNG recorre a sentenza, non me queda que dicir do caso.

Etiquetas: