quinta-feira, setembro 25, 2008

TELEFÓNICA: UNHA NOVA TENTATIVA (1)

Hai xa un par de anos, chamei a telefónica para que me puxeran unha liña de teléfono coa que acceder a internet. Cando viñeron non podia ser, dado que desde o poste que habia do outro lado da pista non se podia tirar cabo para a casa. Primeiro intento fallido.
Un ano despois voltei tenta-lo, e puxeron un poste do meu lado da pista, mais eu persoalmente tiven que tirar cabo desde o poste até a casa, poñendo o correspondente tubo de protección. Unha vez feito todo o traballo (e entre que chamas, ven un técnico, mira, decide, chama aos do poste, poñen o poste, etc pasan vários meses) tampouco podia ser. Faltaba unha caixa (?).
Seis meses despois chaman para dicir que se quero me poñen un TRAC. Nego-me.
O pasado 17 de setembro comezo a terceira tentativa. Desta vez xa contrato directamente unha ADSL con telefónica, con permanenza de dous anos, para ver se así lles dá máis por poñelo. Xa está o poste colocado e cableado, porque así quedou da última vez. Dixeron que antes de dez dias pasaban. Van oito.
Proximamente máis.

Etiquetas: ,

sábado, setembro 13, 2008

CELTAS CORTOS

Hoxe celebra-se a Festa da Xuventude no Milladoiro (Ames) con actividades durante o dia e que comezou onte cun concerto a cargo do grupo OBK Metallica Hevia Celtas Cortos. Foi un tanto raro, sobre todo no comezo, ainda que gañou en intensidade co tempo, tendo en conta que as cancións do disco novo brillaron pola sua auséncia e soaron todos os clásicos do grupo. Persoalmente gustaron-me máis cando os vin nas Festas das Pontes, hai xa anos, co cantante substituto do Cifuentes este. Escoitalo falar onte era como escoitar discutir aos chandaleiros da Quintana (que é unha praza, non un vice-PRESDIDENTE do goberniño). A sorpresa agradábel deu-na a colaboración de Susana Seivane (dos Seivane de toda a vida) en dúas pezas, unha das cales vos deixo aí (sorprendeu-me o teléfono este meu, que ainda quitou un son escoitábel).
Como último apunte dicir que É A PRIMEIRA VEZ QUE VOU A UN CONCERTO E NON HAI BARRA/CARRO/TXOSNA/SIMILAR ONDE TOMAR ALGO, cousa que me molestou un pouquiño.

Etiquetas: , ,