sábado, agosto 05, 2006

OS DXITAIS (2)

Hai un mes xa do último poste, non era a miña intención tardar tanto, mais un pequeno problema coa timofónica tivo sen liña a este chimpín uns quince dias. Pois nada, un par de cousas antes das vacacións. E a primeira é dixital. Que resulta que un mes despois do poste dixital 1 a cousa segue igual. E para que conste adxunto imaxes. Se chegas a un PAP (así lle chaman os do concello) tes unha animación que vai poñendo fotos da Estrada (novas e vellas). Se lle dás na pantalla saeche esto:
Calidade pouca, xa o sei, pero son as afotos que teño. Pois catro opcións saen: turismo; axenda; e-administración; internet.
¿Que pasa se lle dás a calquera opción? Que sae isto:

E non hai máis.

Etiquetas: