sexta-feira, setembro 29, 2006

POR UN TRANSPORTE PÚBLICO REAL

Atendendo ás reivindicacións de viciñ@s do Foxo (que non @s viciñ@s, senón parte deles) e parroquias achegadas sobre o centro médico só un par de cousas. A saber:

1.- Mellor seria escoller outra portavoz para o colectivo, porque alguén podería pensar que a actual, propietária da farmácia do lugar, poderia ter intereses económicos en que haxa alí un centro de saúde (non digo que eu o pense, pero poderia darse o caso) e iso pode restarlle unha pouca de credibilidade.

2.- Se o problema é a lonxania ao centro urbán igual poderian aproveitar para pedir un transporte público de calidade. Teñan en conta que se atoparán co mesmo problema cando lles toque acoder a un especialista no ambulatório. E certo é que o transporte público que hai é case que inexistente.

Etiquetas:

quarta-feira, setembro 06, 2006

LABOURANDO

E xa que estou (é que tiña moito gardado, e as vacacións, timofónica, xa se sabe...) comentáronme aí atrás que á fin ao concello saeulle ben esto da fin do plan laboura, porque co programa alternativo pode contrater a quen lle pete, teña a idade que teña, aínda que xa teña experienza laboral ou incluso unha empresa a seu nome. E polo visto unha das primeiras será (ou é, que como falo de rumoroloxia non sei exactamente a que altura está o asunto) a súa amiga Marisé García, presidenta das Amas de Casa e man dereita de Silvanus (empresa agochada en asociación de xestión forestal achegada ao PP) e o próprio PP na zona leste do concello. Para a área de medio ambiente. Deámoslle ánimos a esta señora, que non sei como dá con tanto.

Etiquetas:

KINKI FESTA

Así clasificaría eu o sucedido na praia fluvial de liñares este sábado. E organizaba o concello, que incluso asisteu o concellal do ramo (o de xuventude, que supoño que iso non estará considerado como cultura). Pois miles de persoas (2 miles segundo a organización; 0,8 miles segundo as contas do chimpín) asistiron á primeira edición do festival PÉ NA ESTRADA, que tivo mellores actuacións que as festas. Non en van estaban os semi-locais Matraca Perversa e Festicultores (estupendos con esa cabra balcánica) e os ilocalizábeis Che Sudaka, apresentando o seu disco Alerta Bihotza. Para a Banda Potemkin xa non quedei, que o frio... despois non hai quen acenda. Como o ano que ven traian á Kinky Beat vai ser a repanocha. Por certo, que tampouco hai que perderse o festival de Ouzande o dia 22.

Etiquetas: , ,

A MORTE DA CULTURA ESTRADENSE

Seguro que moitas das persoas que me fan o grande favor de ler este blogue viron moitas veces os paneis que o concello ten espallados polo casco urbano. Paneis que servían para anunciar os grandes e pequenos actos culturais, deportivos e de diversa índole que se daban por estas terras. Pois ben, na actualidade eses paneis teñen este aspecto:


Quizais sexa unha metáfora da morte da cultura oficial neste lugar da chimpesfera.

Etiquetas: