terça-feira, outubro 09, 2007

BOA XENTE

"Hai homes que loitan un día
e son bos,
hai outros que loitan un ano
e son mellores,
hai algúns que loitan moitos anos
e son moi bos,
pero hainos que loitan toda a vida,
eses son os imprescindibeis"

Bertolt Brecht

Esta cita de Bertolt Brecht escoitase moitas veces cando se fala de Ernesto Che Guevara, cuxo cabodano (e van 40) se celebra hoxe. Ainda na actualidade é unha personaxe controvertida a quen se considera loitador, libertador e revolucionário por parte das esquerdas e delincuente e asasino por parte das dereitas (xeralizando, que cada persoa opinará o seu). O que si está claro é que é todo un icono, e que representa ao inconformismo co poder establecido (lembrar que deixou a revolucion cubana cando trunfou definitivamente para seguir loitando noutros paises). E o que tamén está claro é que de uns anos a esta parte estamos asistindo a unha banalización da súa imaxe (a famosa foto de Alberto Korda), que se utiliza como simple ornamento sen que algunha da xente que a leva en camisetas ou bolsos saiba exactamente quen foi. Mais non hai que verlle a todo o lado negativo. Quen leva esa imaxe nunha camiseta ou nun bolso pode que non saiba quen é, pero lévaa porque sabe que é un símbolo do inconformismo, e lévaa porque non está conforme.

Presente.






4 Comments:

At 10/10/07 19:45, Anonymous Anónimo said...

Já o dixo sophia:

CHE GUEVARA

Contra ti se ergue a prudência dos inteligentes e o arrojo dos patetas
A indecisão dos complicados e o primarismo
Daqueles que confundem revolução com desforra.

De poster em poster a tua imagem paira na sociedade de consumo
Como o Cristo em sangue paira no alheamento ordenado das igrejas

Porém
Em frente do teu rosto
Medita o adolescente à noite no seu quarto
Quando procura emergir de um mundo que apodrece.


Sophia de Mello Breyner Andresen. O nome das coisas.


TOXIC

 
At 15/10/07 18:33, Anonymous Anónimo said...

Chimpin:

Moi boa a imaxe; podes publicala en SVG, licenciala en Creative Commons e vender camisetas. Incluso podes falar ou enlazar o INKSCAPE

 
At 16/10/07 23:13, Anonymous Anónimo said...

algumhas á temos a camisola, ou o bolso...

TOXIC

 
At 7/3/08 21:38, Anonymous Anónimo said...

Certa vez, há muito tempo, houvi uma música galega cujo cantor não consigo lembrar o nome. A música é tão linda mas não consigo encontrar em lugar algum. O nome dela é "CAMIÑAM XENTE". É um homem quem canta. Será que vc poderia me fazer o favor de dizer onde posso encontrá-la e quem canta? Desculpe-me por não saber falar essa língua tão linda que é o galego.

Um abraço,
Alber
albertocalvero@hotmail.com

 

Enviar um comentário

<< Home