25 DE XULLO: FUEJOS, TEATRO E MÚSICA
E resulta que foi o día da Pátria, ou de Galiza, ou de Galicia, ou do apóstolo, ou do santo patrón de españa, ou de santiago matamoros y cierraspaña!, ou... Iso, que foi o 25 de Xullo. Eu pasei por alí e fun a catro espectáculos organizados pola comisión: os fuejos, unha performance (teatro moderno dese raro), aos Orishas en concerto e aos The Ellas en concerto. Imos por orde.
Os Fuejos: un lixo. Igual o día que os organizadores se decaten de que hai máis xente mirando fóra do Obradoiro que dentro poñerán máis lumes aéreos. Se, aínda por riba, só poñen unha traca final e enchen todo de fume, o resultado é o seguinte:
A performance: un rollo estrano. A min esto da arte moderna... non sei. A cousa era máis ou menos así: o público sentado nas escaleiras de platerías. Enfrente, á esquerda, un grupo de 30-40 actores, ataviados con bandeiras de Galicia ou Cataluña e máscaras brancas. Á dereita outro grupo duns 20 actores, neste caso vestidos de azul e cuns paus grandes na man. A acción comeza cando o primeiro grupo comezou a dicir "Fascistas, fascistas!" cara o outo grupo e este amagaba con moverse cara a eles. Repetiron a acción várias veces ata que o grupo vestido de azul comezou a correr atrás do outro. Creo que era unha adaptación libre de "West side story".
Os concertos: En común tiveron un son bastante malo. O de Orishas estaba ben, pero gustoume máis o outro e sorprendeume que o Tosar canta ben, e cunha voz moi suave e nada parecida á que ten cando fala e/ou actúa. Se lle sumas uns bos músicos e unha boa selección de cancións, dáche un bo concerto. Esta é a foto mala do de Orishas:
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home