Municipais07: INESPERADO
Gañou o voto de progreso. Na Estrada ao PP non lle vale nin eso de que ten que gobernar a lista máis votada. Porque a dereita perdeu por primeira vez na democrácia.
Ninguén o agardaba. Habia algunha persoa que vaticinou unha lixeira vitória do PSOE, mais dándolle 8 concelleiros. Eu creo que nin eles o esperaban. 9 concellais, e case 10. Foi o cambio de candidato? Foi unha campaña dirixida contra o PP e Reboredo? Foi que Dono dixo que non ia deixar de exercer a medicina no ambulatório? Foi o voto dos descontentos co PP? Foi o voto útil? Temas para que analisen con tempo, e agora a non defraudar aos/ás votantes.
Ninguén o agardaba. Alguén tiña algunha esperanza, mais pouca xente, e menos o próprio PP, pensaba que ian baixar tanto, de 12 a 7 concellais. Foi un voto de castigo polo PXOM? Tiraba Chito máis do que parecia? De la Calle non vale para atraer masas? Tira Reboredo máis do que pensaban? Teñen catro anos para remoer.
Ninguén o agardaba? Eles non, o vínculo do BNG coa realidade non está demasiado claro. Agardaban un mínimo de 5 concellais. E sacaron tres. Voltan aos resultados do 95. Mais debia haber quen pensaba na maioria absoluta. Non se entenderia, senón, o feito de que digan agora que o BNG non quere entrar no goberno, se é certo o que publica A Voz (EDITADO: xa dispoñible na edición dixital) e que me pareceu entender onte nos especiais das televisións locais. Para que se presentaron entón? E a baixada. A min que non me boten a culpa, que este blogo o len 40 persoas ao dia e son sempre as mesmas. Foi polo apoio incondicional e a toda costa á cidade do moble? Foi pola candidata? Foi por unha campaña dirixida, entre outros, contra a única posibilidade de pacto que tiñan? Foi polo voto útil que me dician que tiña que facer e que foi parar ao PSOE? Mirádeo ben, e reflexionádeo ben, e pensade ben o de entrar no goberno, porque senón igual nas próximas eleccións perdedes os concellais que vos quedan.
O de Reboredo e Villamayor si que era esperado por todos, e tamén por eles. Agora queda saber se Reboredo vai seguir sendo concelleiro logo do xuizo ou vai ser inhabilitado.
Persoalmente quédome coas declaracións que onte fixo Dono, dicindo que queria gobernar en coalición co BNG, que era o seu aliado natural, e que hoxe mesmo EL ia ir falar con eles para empezar a negociar. E repito, os votantes do Bloque queren ás persoas ás que votaron no goberno.
Etiquetas: LOCAL, MUNICIPAIS 2007