quarta-feira, novembro 28, 2007

SEN COMENTARIOS


Pois iso, que xa está todo dito.

Etiquetas: ,

domingo, novembro 18, 2007

INFERNO ROCK

Esta fin de semana celebrouse na Estrada o Inferno Rock, unha série de concertos de grupos punteiros de ámbito estatal e galego organizados por un emresario local, responsable da empresa Inferno Produccións. Persoalmente teño que dar a noraboa a esta xente, xa que son dos poucos que se adican a mover un pouco o panorama cultural da comarca (organizan tamén o Verea Rock e o Silleda Rock) a pesar de non contar con demasiadas axudas. De feito, son os mesmos que levan a grupos noveis (e non tanto) moitos venres no pub "O Inferno". E ainda que non son amante deses estilos musicais quito o sombreiro ante eles.
O que non acabo de entender é a dificultade que poñen certas administracións e colectivos á hora de celebrar estes concertos. O ano pasado xa tivemos polémica cando trouxeron a Silleda ao grupo Soziedad Alcoholica. Este grupo é moi controvertido xa que foi acusado (e absolto pola Audiencia Nacional) dun delicto de enaltecemento do terrorismo. Daquela remataron tocando igual.
Desta volta, e dado que o grupo xa foi absolto, non se podian facer manifestacións nin declaracións en contra do grupo as reticencias viraron cara outo lado. Leo hoxe no xornal que
O venres pola tarde xurdiron algúns problemas que ameazaron con provocar a suspensión do festival. Segundo os organizadores, apareceron axentes da Garda Civil e algún representante municipal. Reclamouse todo tipo de autorizacións, seguros, licenzas, medidas de seguridade e requisitos como os relacionados coa capacidade da sala.

E como ao final non deberon atopar resquicios legais, a polos controis de tráfico. Parar a todo aquel con "malas pintas" (pelo longo e camiseta negra) e rexistrar-lle o coche, bolsos, cachea-los ou pasar ao can (moi bonito o can, por certo) por arredor del. O típico, vamos. Como pasa todos os anos na Rapa.
Do que creo que non se decatan é de que (se era un control de drogas, claro) na Estrada é por todo o mundo coñecido que o das drogas está á orde do dia (ou da noite), e non se ven este tipos de actuacións de xeito aleatório. Non, só cando veñen os Jipis e os Kinkis a un concerto de ruido.
Non son formas.

Etiquetas: , , ,

sábado, novembro 03, 2007

OS INGLESES

o domigo pasado puiden ler na voz unha reportaxe na que se falaba da compra de casas nas aldeas da Estrada por parte de xente da Grande Bretaña, que polo visto mercan para quedar aquí. Fano a través da web dunha inmobiliária que está unicamente en idioma inglés.
Até aquí todo ben. Paréceme normal que veña xente de fóra para vivir nun clima máis benigno (quen ia pensar tal cousa). O que non me entra moi ben na cabeza é unha parte do texto da nova:

O matrimonio formado por John e Jill, residentes preto de Londres, adquiriu fai máis dun ano, a través de devandita axencia, a Casa de Herbeira, en Pumares-Rivela. Era un inmoble en ruína, que non espertaba demasiado interese, pero cunha boa leira detrás.
O inmoble está case rehabilitado do todo. Xa non se parece en moito ao que compraron, polo menos por dentro. eles pasaron alí xa uns días, e ata tiveron en vacacións aos seus fillos. é posible que queiran residir aquí, e facerse estradenses.



A cuestión é, que eu saiba, que para arranxar unha casa que está case ruinosa fai falla unha licenza de obra. Por todos é sabido que neste concello non se conceden licenzas de obra desde hai máis de catro anos, polo que non entendo que haxa unha casa arranxada que mercaron hai un ano.
A ver, entender entende-se perfeitamente. Por todos é sabido que neste concello podes facer o que che veña en gana. Eu sei de moitas casas que foron arranxadas e incluso contruidas sen licenza nos últimos catro anos, e sei tamén que non pasa nada por facelo. E non vou ser eu o que poña aquí cales son nin onde están. Non é traballo meu. É un traballo que lle corresponde ao Concello da Estrada. Traballo que non fai. O que si me parece alarmante é que saia nun xornal con toda a desfachatez do mundo. Din, directamente, que estes señores veñen de cometer un delicto. E poñe-no como se fose unha cousa estupenda. Pois non son así as cousas. O Concello debera facer un control no rural un pouco máis exhaustivo. Seguro que se fan un edifício sen licenza na vila se montaria unha boa. Pois nas aldeas non queremos ser menos.

Etiquetas:

MEME

Un meme manda-me facer Lourixe,
que na vida fixen nin me vin en tal xeira;
oito cousas, as que eu queira,
nunha lista numerada esixe.

Andiven a buscar pola rede
e atopei o que facer tiña,
foi no blog de Besbellinha,
que nesto do meme nos precede.

Total, que aquí quedei pensando,
que demo de cousas se poden numerar
e co meu cerebro ando loitando.

Xa chega a hora de comezar
que o soneto vai rematando:
a lista embaixo debera estar.

E vai de séries de TV que vexo via P2P:
  1. Dexter: é a história dun especialista duns CSI que, polas noites, adica-se a outros menesteres... Imos pola segunda tempada.
  2. Battlestar Galactica: nun futuro lonxano as máquinas atacan á humanidade e esta debe fuxir. Política, racismo, loita de clases... e todo nunhas poucas naves espaciais. A cuarta tempada comeza en Xaneiro
  3. Prison Break: un tipo moi listo mete-se na cadea para axudar a sair a seu irmán condeado a morte por un delito que non cometeu. Andamos pola terceira.
  4. Heroes: xente con poderes sobrenaturais e xente con poder político. Segunda tempada en emisión.
  5. Lost: xa se sabe, un avión que cae. Imos á cuarta en Xaneiro
  6. The IT Crowd: sobre o departamento de tecnoloxias informáticas dunha grande empresa. Série moi friki. E moi boa. De risas. Segunda tempada rematada (seis capítulos)
  7. Jericho: o(s) dia(s) despois dun ataque nuclear aos USA nunha pequena vila. Ollo, é destas series que non diron o nível de audiéncia e foron canceladas. Remata a partir de Xaneiro, cando farán uns capituliños debido á presión que desde a rede se lle fixo á cadea.
  8. E a última adquisición: The big bang theory. Se The IT Crowd é friki,esta ainda máis. Dous científicos superintelixentes comparten piso e chega á veciñanza unha rapaza loira, guapa e tonta. De risas. Van seis capítulos da primeira.
E paso-llo aos que teño lazados aí á dereita.