sábado, novembro 03, 2007

MEME

Un meme manda-me facer Lourixe,
que na vida fixen nin me vin en tal xeira;
oito cousas, as que eu queira,
nunha lista numerada esixe.

Andiven a buscar pola rede
e atopei o que facer tiña,
foi no blog de Besbellinha,
que nesto do meme nos precede.

Total, que aquí quedei pensando,
que demo de cousas se poden numerar
e co meu cerebro ando loitando.

Xa chega a hora de comezar
que o soneto vai rematando:
a lista embaixo debera estar.

E vai de séries de TV que vexo via P2P:
  1. Dexter: é a história dun especialista duns CSI que, polas noites, adica-se a outros menesteres... Imos pola segunda tempada.
  2. Battlestar Galactica: nun futuro lonxano as máquinas atacan á humanidade e esta debe fuxir. Política, racismo, loita de clases... e todo nunhas poucas naves espaciais. A cuarta tempada comeza en Xaneiro
  3. Prison Break: un tipo moi listo mete-se na cadea para axudar a sair a seu irmán condeado a morte por un delito que non cometeu. Andamos pola terceira.
  4. Heroes: xente con poderes sobrenaturais e xente con poder político. Segunda tempada en emisión.
  5. Lost: xa se sabe, un avión que cae. Imos á cuarta en Xaneiro
  6. The IT Crowd: sobre o departamento de tecnoloxias informáticas dunha grande empresa. Série moi friki. E moi boa. De risas. Segunda tempada rematada (seis capítulos)
  7. Jericho: o(s) dia(s) despois dun ataque nuclear aos USA nunha pequena vila. Ollo, é destas series que non diron o nível de audiéncia e foron canceladas. Remata a partir de Xaneiro, cando farán uns capituliños debido á presión que desde a rede se lle fixo á cadea.
  8. E a última adquisición: The big bang theory. Se The IT Crowd é friki,esta ainda máis. Dous científicos superintelixentes comparten piso e chega á veciñanza unha rapaza loira, guapa e tonta. De risas. Van seis capítulos da primeira.
E paso-llo aos que teño lazados aí á dereita.

2 Comments:

At 4/11/07 23:00, Blogger besbe said...

Anotando The big bang theory e reanotando The IT Crowd :)

 
At 5/11/07 21:39, Anonymous Anónimo said...

The IT Crowd é grandiosa!!!, pero a mín gustoume máis a primeira que a segunda tempada, entre outras cousas porque na primeira está todo patas arriba e hai a hostia de referencias informáticas en cada fotograma x)

Apúntome The Big Bang Theory, xa vai da segunda vez que leo boas cousas desa serie, terei que baixala...

Por certo, salvo Galactica, sigo as mesmiñas que vostede, e algúnha máis...

 

Enviar um comentário

<< Home