sábado, novembro 03, 2007

OS INGLESES

o domigo pasado puiden ler na voz unha reportaxe na que se falaba da compra de casas nas aldeas da Estrada por parte de xente da Grande Bretaña, que polo visto mercan para quedar aquí. Fano a través da web dunha inmobiliária que está unicamente en idioma inglés.
Até aquí todo ben. Paréceme normal que veña xente de fóra para vivir nun clima máis benigno (quen ia pensar tal cousa). O que non me entra moi ben na cabeza é unha parte do texto da nova:

O matrimonio formado por John e Jill, residentes preto de Londres, adquiriu fai máis dun ano, a través de devandita axencia, a Casa de Herbeira, en Pumares-Rivela. Era un inmoble en ruína, que non espertaba demasiado interese, pero cunha boa leira detrás.
O inmoble está case rehabilitado do todo. Xa non se parece en moito ao que compraron, polo menos por dentro. eles pasaron alí xa uns días, e ata tiveron en vacacións aos seus fillos. é posible que queiran residir aquí, e facerse estradenses.



A cuestión é, que eu saiba, que para arranxar unha casa que está case ruinosa fai falla unha licenza de obra. Por todos é sabido que neste concello non se conceden licenzas de obra desde hai máis de catro anos, polo que non entendo que haxa unha casa arranxada que mercaron hai un ano.
A ver, entender entende-se perfeitamente. Por todos é sabido que neste concello podes facer o que che veña en gana. Eu sei de moitas casas que foron arranxadas e incluso contruidas sen licenza nos últimos catro anos, e sei tamén que non pasa nada por facelo. E non vou ser eu o que poña aquí cales son nin onde están. Non é traballo meu. É un traballo que lle corresponde ao Concello da Estrada. Traballo que non fai. O que si me parece alarmante é que saia nun xornal con toda a desfachatez do mundo. Din, directamente, que estes señores veñen de cometer un delicto. E poñe-no como se fose unha cousa estupenda. Pois non son así as cousas. O Concello debera facer un control no rural un pouco máis exhaustivo. Seguro que se fan un edifício sen licenza na vila se montaria unha boa. Pois nas aldeas non queremos ser menos.

Etiquetas:

3 Comments:

At 4/11/07 12:14, Anonymous Anónimo said...

Canta razón tes.

 
At 22/11/07 01:39, Anonymous Anónimo said...

e que se esta en ruinas ainda que haxa 5 muros si se ode porque e rehabilitar non construir

 
At 22/11/07 14:00, Blogger chimpín said...

Unha rehabilitación que toque algo da estrutura da vivenda (sexa tellado, o forxado interior ou os muros) é considerado obra maior e, polo tanto, precisa do mesmo tipo de licenza que levantar un edificio de oito pisos na praza do Concello.

 

Enviar um comentário

<< Home