sábado, janeiro 27, 2007

O ÚLTIMO CHIMPÍN

Quero desde aquí agradecer aos tirinautas que titulen así unha obra. A ver se así temos máis visitas por aquí.

sexta-feira, janeiro 26, 2007

CADA DIA SOMOS MÁIS

Cada dia somos máis os concellos con representantes investigados pola xustiza. Desta volta é por cousa persoal, non do concello como algúns edís imputados nun xuizo por presunto delito urbanístico. Ao que lle tocou desta vez foi a José Luis Barcala Rodríguez (concelleiro do PP e alcalde de barrio de S. Andrés de Vea, segundo se quita da web municipal) que foi detido, segundo se destaca en diversos medios, en relación á presunta trama de fraude do leite nunha operación dirixida desde a Fiscalía Anticorrupción e a Audiencia Nacional. Repito que en princípio isto non ten que ver coa actividade pública deste home, senón coa súa actividade privada relacionada coa compra-venda de leite. Pero xa somos como os Concellos máis punteiros do Estado. Xa temos investigacións por delitos urbanísticos e polas actividades persoais de membros da corporación. Case case como en Marbella.

Etiquetas: ,

segunda-feira, janeiro 15, 2007

O LIÑARES

Ven hoxe á Estrada o señor delegado de vivenda para entregar o proxecto do polígono do moble. Un polémico proxecto dun polígono industrial feito á beira dun río e entre as casas. Tanto, que @s veciñ@s de Lagartóns organizáron-se para defender o seu entorno, nunha parróquia que carecía de tecido asociativo (como a maioria das parróquias estradenses). Esta oposición cidadá atopou-se co rexeite frontal do B.N.G. estradense e, sobre todo, da súa cara visíbel Raquel López, que perdeu a confianza que moit@s veciñ@s de Lagartóns e Liñares depositaran no Bloque. E non polo que dí, que todo o mundo ten dereito a opinar, senón polas formas que tivo de cara á coordinadora en Defensa do Val do Liñares. E é que por ser un proxecto estrela do B.N.G. a nível galego, promovido por unha consellaria do bloque, non queren que haxa ningún problema, o que implica non admitir erros (de sabios é errar, e admiti-lo) e defende-lo a capa e espada, ainda á costa de cair en actitudes impositivas (houbo quen aludeu aos seus xenitais para afirmar que se ia levar adiante o proxecto) próprias de outros partidos e outros tempos. Na web do bloque estradense pode verse estos dias un bonito debate entre partidarios que gaban o proxecto e outra xente que di que non é ouro todo o que reloce.

Etiquetas: