quinta-feira, janeiro 31, 2008

CHIMPÍN GRÁFICA

Adoito facer moitas tonterias co ordenador e algunhas cousas que atopo na interné ou miñas próprias. Mais (case)nunca me dá por publica-las porque penso que non teñen cabida dentro deste bló. Así que decidín criar unha sucursal, Chimpín Gráfica, para ir metendo esas "trapalladas".
A primeira está publicada, e irei metendo cousas novas e outras que me quedaron no tinteiro.

Etiquetas:

terça-feira, janeiro 29, 2008

CONCELLO E CULTURA

Hoxe viña disposto a criticar á Concellalia de Cultura, para dicir que non se notaba o cámbio de política cultural respéito do goberno anterior, e, dado que agora xa hai novo presuposto, non habia a excusa de que son escravos do que lle deixaron en herdanza. E viña a conta de que no antroido deste ano o programa de actividades non varia do que "deseñaba" Reboredo cada ano. Incluso se reduciron algúns dos prémios do concurso de disfraces, que viñan sendo os mesmos nos últimos dez anos.
Pero claro, xusto hoxe collo o xornal e vexo que veñen de apresentar un ciclo de actividades dirixidas ao público infantil para o mes de marzo no Teatro Principal. Pois nada, como as palabras que ia poñer até que me pareza que volta pasar o mesmo.

Etiquetas: ,

MÚSICAS DA TERRA

Veño de ler no Faro que entre as prioridades da A.C. A Fervenza de Ouzande deste ano non está a organización do festival Músicas da Terra. Unha pena. Sobre todo porque este ano quedo sen a camisola. Pero tampouco é grave. Eles son os que deciden que facer cos seus recursos e, se o seu obxectivo é a dinamización sociocultural da parróquia, o festival non é necesário. Hai que ter en conta que era máis para desfrute da xente que ía de fora que para os próprios Ouzandeses, que non facian máis que traballar para que ese dia estivese todo perfecto (e estaba, non sendo algunhas veces polo frio, pero neso non hai que facer-lle).

Etiquetas: ,

quinta-feira, janeiro 17, 2008

A SOLUCIÓN, NUN PAR DE MESES

O fiscal da Audiéncia Provincial de Pontevedra solicitou hoxe 16 anos de inhabilitación para cargo público para o ex-alcalde da Estrada, señor D. Ramón Campos Durán, por un presunto delicto urbanístico.
Na vista celebrada hoxe, á que si asistiu Chito, tanto el como o resto dos ex-concelleiros imputados (lembremos que Somoza xa librou) reafirmáron-se nas declaracións feitas ante o xulgado do penal, no que dixeron que as licenzas non tiveran informes en contra. Pola súa parte, o daquela secretário do concello, o señor Armesto (pai), declarou que el si informara contra a concesión das licenzas, ainda que non de que outorga-las poderia ser un feito constitutivo de delicto.
A defensa solicitou que o suposto delicto se declarase como prescrito.
O xuizo queda visto para sentenza e o veredicto lerá-se, previsiblemente a comezos de Marzo.

Etiquetas:

sexta-feira, janeiro 04, 2008

NORMALIZAZÓN

Dise polos corredores como segredo a voces que certo normalizador lingüístico do Concello da Estrada ten un choio asegurado na Secretaria Xeral de Política Lingüística, que depende directamente do Presidente da Xunta. O feito non teria maior trascendencia se este funcionário municipal non estivese entre os "golfiños" de Campos e non tivese como "hobbie" durante os anos de mandado de Chito a asisténcia a todos os actos de partido como imaxe de "xuventude" do mesmo. E tampouco teria maior trascendencia se este persoeiro da cultura local fixera algo pola normalizazón da língua no concello nos anos que leva traballando aí, a maiores de ser secretário en prémios literários, xurado en oposicións de resultado cantado ou xogar partidos de mestres contra políticos. Total, que como siga así a cousa (non é o primeiro caso de estradenses sen valia demostrada chupando da Xunta) a imaxe da Estrada no goberno nacional vai deixar bastante que desexar.

Etiquetas: , ,