sexta-feira, janeiro 04, 2008

NORMALIZAZÓN

Dise polos corredores como segredo a voces que certo normalizador lingüístico do Concello da Estrada ten un choio asegurado na Secretaria Xeral de Política Lingüística, que depende directamente do Presidente da Xunta. O feito non teria maior trascendencia se este funcionário municipal non estivese entre os "golfiños" de Campos e non tivese como "hobbie" durante os anos de mandado de Chito a asisténcia a todos os actos de partido como imaxe de "xuventude" do mesmo. E tampouco teria maior trascendencia se este persoeiro da cultura local fixera algo pola normalizazón da língua no concello nos anos que leva traballando aí, a maiores de ser secretário en prémios literários, xurado en oposicións de resultado cantado ou xogar partidos de mestres contra políticos. Total, que como siga así a cousa (non é o primeiro caso de estradenses sen valia demostrada chupando da Xunta) a imaxe da Estrada no goberno nacional vai deixar bastante que desexar.

Etiquetas: , ,

5 Comments:

At 14/1/08 18:52, Anonymous Anónimo said...

Ola chimpín
Ai tempo que non che escribía nada e quería trasladarche unha opinión sobre o interfecto, que non é santo da miña devoción, pero creo que algunha das afirmacións que fas son demasiado tallantes, e ao meu xuízo, algo inexactas.
O problema máis importante é que esta persoa desempeña determinadas funcións que creo que non son da súa competencia (vg. serviulle a Chito de escritor oficial de discursos e acompañande-presentador en todo tipo de actos, porque o ex-alcalde é un analfabeto funcional)Converteuse(e segue co novo goberno)en omnipresente presentador de todo canto "sarao" se organiza na Estrada, mesmo en actividades non municipais, pero próximas ao poder (o de antes e o de agora). Recordo que, hai uns anos, cando pediu un aumento de soldo, mencionaba como méritos todas estas trapalladas en que andaba metido.
No que respecta ao labor polo que lle pagan, isto é, funcionario responsable da área de normalización lingüística, o seu labor é manifestamente mellorable, máis creo que ten cousas no seu haber: cónstame, por comentarios dos traballadores e traballadoras do Concello, que o seu labor dentro da Institución foi positivo ou polo menos, insistente. Hoxe, agás no departamento de tesourería, no que siguen "por la hora vieja", o concello ten galeguizada toda a súa documentación. No trato oral a situación non é tan boa, pero podía ser ben pior.Tamén me consta que sempre procurou manter asesoradas e informadas ás empresas e asociacións sobre as axudas económicas da Xunta e outras institucións. Onde máis falla e na proposta dun plan global de normalización a nivel social, ou tan siquera a programación de algunhas actividades encamiñadas ao uso e concienciación (se é que se pode falar nestes termos) dos diferente sectores sociais, especialmente os máis sensibles (falo da infancia, mocidade, etc.)
Outra cousa é a súa tendencia ideolóxica, pero diso non estamos falando...
Eu tamén sentín por aí que ía para Subdirector Xeral de P.L., pero xa pasou un tempo e por agora non se sabe nada....
Falamos.

 
At 14/1/08 18:54, Anonymous Anónimo said...

Son o do comentario primeiro.
O ai da primeira liña escríbese con hache, por suposto: "hai"
Perdoade

 
At 14/1/08 19:41, Blogger chimpín said...

Boas anónimo.
Subscribo a maior parte do teu texto. Ao que me refiro con que o traballo desta persoa deixa bastante que desexar é no ámbito que apuntas cara ao final do comentário, de cara ao público. Non coñezo o funcionamento interno do Concello, polo que non podo saber cal é o traballo realizado na normalización lingüística por isa banda. Pero reafirmo-me no de que as persoas que vivimos na Estrada non notamos o antes e o despois na normalizazón. E non hai máis que mirar polos concellos da redonda para ver que calquera dos que teñen un traballo similar fan bastante máis actuacións que este. Campañas co comercio (ainda que só sexan carteliños das rebaixas), a hostelaria ou, maiormente, dirixidas á xuventude, tales como animación á lectura nas bibliotecas, concertos, concursos e un longo etc. Eu o único que lembro parecido na Estrada foron uns "concertos pola lingua" ou algo así, e non os organizou o Concello.
Saudos.

 
At 9/2/08 14:57, Anonymous Anónimo said...

Non creo q teñamos q felicitar a ninguén por facer o traballo q se paga cos cartos de todolos contribuintes, pertenece a plantilla laboral do concello, non a unha ONG, e cobra por iso!

Este señor e un aproveitado, é coma a maioría dos chitofuncionarios, un caradura que se arrima sempre ao sol que máis quenta.

 
At 9/2/08 15:00, Anonymous Anónimo said...

Coma este hai outros: o da omix, o inepto de urbanismo que tivo parados os expedientes da avda de santiago só para perxudicar ao actual equipo, a ex-secrechita e marido furgonetero, os ernestos...vaia panda!!

E todos enchufados!!

 

Enviar um comentário

<< Home