segunda-feira, abril 16, 2007

A ESTRADA 1-1 MORALZARZAL

O pasado sábado sorprendeume ver en Informativos Telecinco unha reportaxe sobre a vila madrileña de Moralzarzal (9.973 hab.), no que se explicaba que era o primeiro municipio do estado español en dispoñer unha rede Wi-Fi con cobertura en todo o término municipal. Pensei que escoitara mal, pois todos sabemos que esa reportaxe xa saeu en varios medios nacionais (TVG, vía Ruxeruxe, El País) referida á Estrada. Pero é o que ten a interné, que todo se atopa. Como se pode comprobar nas edicións dixitais de La Razón e Madridiario o proxecto Moralzarzal Digital consigueu que o municipo de Moralzarzal sexa
el primer municipio Wi-Fi de España
Pois eso, temos dous primeiros municipios Wi-Fi de España. Ou é que igual non estamos en España?

Etiquetas: ,

domingo, abril 15, 2007

LENDAS URBANAS

¿Viches un crocodilo nos sumidoiros de Nova Iorque?
¿Atopaches un coche de Tráfico no garaxe un domingo pola mañá?
¿Foches multado por levar CD´s gravados no coche?
¿Viches o "Sorpresa Sorpresa" de Ricky Martin?
¿Estoupaches por tomar unha Coca-Cola e Peta Zetas?
¿Viches a nave extraterrestre da Area 51?
¿Atpoaches un submarinista nun monte logo dun incendio?
¿Conectácheste a Internet coa WiFi de aestradadixital?

quinta-feira, abril 12, 2007

CONDUCTA

Poño aquí un resumo dos diferentes códigos de conducta á hora de postear e comentar en blogs e a internet en xeral, feito por Microsiervos. Tamén se poden ler cousas máis amplas en Manifiesto Blog España e Netiqueta

Código de Conducta para Bloggers

  1. Asume a responsabilidade non so polas túas propias palabras, senon tamén sobre os comentarios que permites no teu blog.
  2. Etiqueta o teu nivel de tolerancia para comentarios abusivos.
  3. Considera eliminar os comentarios anónimos.
  4. Ignora aos trolls.
  5. Continúa a conversa fóra de Internet, fala directamente, ou atopa a un intermediario que poida facelo.
  6. Se coñeces a alguén que está a comportarse mal, faillo saber.
  7. Non digas nada online que non poderías dicir en persoa.
Tod@s @s blogueiros e os que fan comentários nos blogues deberan laer algo desto.

Etiquetas:

DA TORRE E AS ADMINISTRACIÓNS

A Torre de Guimarei está declarada Ben de Interese Cultural pola Lei 13/85 LEY DE PATRIMONIO HISTORICO 25/06/1985 (.pdf, 2,4 MB) e posteriormente pola LEI 8/1995, DE 30 DE OUTUBRO, DO PATRIMONIO CULTURAL DE GALICIA (DOG nº 214, de 8 de novembro de
1995).
(.pdf, 72 KB), pola cal a administración autonómica asume todas as competencias en materia de Patrimonio Cultural de Galicia.
Na Lei 8/1995, no seu artigo 25.1 dise:
Os propietarios, posuidores e demáis titulares de dereitos reais sobre bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia están obrigados a conservalos, cuidalos e protexelos debidamente para segurar a súa integridade e evitar a súa perda, destrucción ou deterioración.

Non sei se é cous miña ou non, pero creo que a conservación da Torre e o Pazo de Guimarei así como do seu entorno nos últimos 20 anos deixa bastante que desexar, polo que se pode dicir que os anteriores propietarios incorreron nunha infracción grave, establecida no artigo 91. da devandita lei e sancionable cunha multa de 10.000.001 a 25.000.000 das antigas pesetas (de 60.000 a 150.000 €), competencia do Conselleiro de Cultura (Consellería en mans do PP dende a data de publicación da lei ata 10 anos despois).
Esa mesma consellería puido, no seu momento, aplicar o artigo 36.3 da Lei 16/1985 que di que
Cuando los propietarios o los titulares de derechos reales sobre bienes declarados de interés cultural o bienes incluidos en el inventario general no ejecuten las actuaciones exigidas en el cumplimiento de la obligación prevista en el apartado 1 de este artículo, la Administración competente, previo requerimiento a los interesados, podrá ordenar su ejecución subsidiaria.

Mais penso que non o fixo.
Como caso xa extremo, e segundo se indica no artigo 31. da Lei 8/1995:
O incumprimento das obrigas de protección e conservación será causa de interese social para a expropiación forzosa dos bens declarados e catalogados pola Administración competente.

Pode ser que todas estas competencias non correspondan ao Concello da Estrada, pero igual que se preocupou de chamar á Xunta cando mercaron a Torre tivo anos para preocuparse pola súa conservación e chamar á Xunta ou denunciar a situación da Torre ante a Dirección Xeral de Patrimonio.
Do feito de que o señor comprador quixera facer chalets ou non na finca, feito que persoalmente descoñezo, existe unha cousa que se chama Planeamento Urbanístico, este si competencia do Concello, que di onde e que se pode construir, á parte de que todo monumento ten unha área de protección dentro da cal para facer calquera tipo de obra hai que solicitar permiso á Dirección Xeral de Patrimonio. Total, que se o Concello non quixera chaletes e tivera un Planeamento adecuado á realidade (ou un planeamento, simplemente), nesa finca non se podería construir nin un alpendre para meter un chimpín.
E xa non me meto no tema de que xa lle ofertaron a Torre ao Concello hai anos, porque o Alcalde dirá que el non estaba daquela, ainda que si o seu partido (PP, AP, CP, todo o mesmo partido) ou igual non, e segue a considerarse "independente".

Etiquetas: ,

terça-feira, abril 10, 2007

GOOGLE PARA AEDRUS

Despois de indicarme o camiño, google volta axudarme. Debe ser de AEDRU.

1000

No dia de onte acadou este blogue a cantidade simbólica de 1000 visitas medidas desde o 4 de febreiro, o que fai unha media aproximada de 500 visitas mensuais. Para min é un número máis que suficiente, xa que cando comecei non agardaba que os comentarios dun chimpín sobre cousas varias puideran interesarlle máis que a tres ou catro persoas.
O xeito de chegar á páxina ten catro modos principais, que son:
  1. Visitas directas
  2. Visitas buscando "chimpín" no google.
  3. Visitas procedentes do Ruxe-ruxe na estrada.
  4. Unha parte importante das visitas proceden da busca no google de "O último chimpín", obra teatral dos tirinautas a quen adiquei previamente un poste.
Asimesmo teño que agradecerlle a todos os que me teñen enlazado desde os seus blogues a súa aportación:
Pois nada máis. So dicir que agora procurarei actualizar máis a miúdo. O único que como non me dá por comentar declaracións de partidos nin candidatos... Pouco me queda últimamente.

sábado, abril 07, 2007

GOOGLE MAPS

Ocorreuseme ir un día destes das vacacións aos Estados Unidos para visitar ao meu curmán John Deere á súa casa en Moline, Illinois. Total, que fun á internet buscar o camiño e no google maps ponme que, conducindo, me levaría 30 días e 10 horas (non fun, deixareino para Agosto). A rota é a que sae neste enlace. O mellor de todo é o punto 41.

Etiquetas: