segunda-feira, dezembro 29, 2008

50 ANOS DE ELECTRICIDADE

Por casualidade lendo a web do Faro atopei unha sección de novas antigas, tipo efemérides de hai cincuenta ou cen anos. E unha das desta semana era esta:



Hai cincuenta anos que algunhas parróquias do concello contan con elecrticidade. Igual hai a quen lle parece unha barbaridade de tempo, mais a min non tanto. E é unha mostra máis do atraso no que vivimos moitos galegos. Se a electricidade chegou hai cincuenta anos, o teléfono chegou hai quince (as liñas TRAC, que ainda non o hai de cabo en moitos sítios) e a internet... ainda está por chegar. É a história da nosa vida, tarde mal e arrastro.

Etiquetas: , ,

sábado, dezembro 20, 2008

TEMPO DE NATAL