O outro dia atopei via
chuza! (como non) un video do
Youtube da nova canción de
Lamatumbá (Camiños). Estaba
posteado no blog de Sempreengaliza, e levei unha sorpresa cando lin os comentários. Polo visto
alguén facendo-se pasar por PAI-música, editores do vídeo, denunciaron en Youtube que lles copiaran o vídeo mentres lle pedian ao autor do blog que tivese "
algo menos de vergüenza". Estranou-me que en Youtube tivesen uns dereitos sobre os vídeos moi restrinxidos, xa que se ven en webs de todo o mundo, e tamén vídeos calcados de distinto usuário. Así que fixen algo que quizais deberan ter feito eles antes de denunciar:
ler. Neste caso os
termos de uso de Youtube. E polo visto, segundo eses termos de uso, cando subes un vídeo a Youtube concedes (e agora copio e pego)
1. a favor de YouTube... [non nos interesa agora]
2. a favor de cada usuario del Sitio Web, una licencia mundial, no exclusiva y exenta de royalties para acceder a sus Archivos de Usuario a través del Sitio Web, y para utilizar, reproducir, distribuir, realizar trabajos derivados de, mostrar y ejecutar dichos Archivos de Usuario en la medida de lo permitido por la funcionalidad del Sitio Web y con arreglo a los presentes Términos y Condiciones
Total, que puxen un comentário no
video de Camiños Cruzados da
conta de Youtube de PAI-música e outro no
blog, para que vexan que non pasa nada por que outro usuário utilice o video. E total, que xa non está o comentário no Youtube. Foi borrado [Edito: ainda que penso que quedaria mellor unha resposta ao comentário, xustificaron o borrado da mensaxe].
E o seguinte queda para
alguén facendo-se pasar por PAI-músicaParece que hai xente que non quere que se saiba que meten o zoco nin pedir desculpas. Así que protesto aquí. A ver se me borran o post. Non sei quen son esta xente, mais por se aparecen por aquí pido-lles, sinceramente,
algo menos de vergüenza.
Edito:
Ao final conseguin-me poñer en contacto cos de paimúsica, que me comentan o seguinte:
No tenemos ni idea de lo que nos estás comentando, ya que nunca hemos denunciado a nadie por el uso de nuestros vídeos y mucho menos conocemos el blog
Así que aí arriba onde poñia
PAI-música pasa a poñer
alguén facendo-se pasar por PAI-música. E de paso agradezo-lles a resposta.
Etiquetas: CURIOSIDADES, DESTE BLOG, MÚSICA, NACIONAL