segunda-feira, setembro 17, 2007

REMATA O VERÁN

Agora que está por rematar a tempada festeira do verán, na Estrada temos a oportunidade de darlle unha boa despedida coa segunda edición do festival Pe na Estrada, que se celebra este sábado 22 na carballeira da zona dos institutos. Este ano contaremos coa presenza dos madrileños Fritanga, os barbanzáns da Compañia do Ruido e da charanga Oito nun Piso e os ulláns Pe de Boi. Seguro que dan un bo espectáculo.

terça-feira, setembro 11, 2007

LIXO

Como os outros blogueiros estradenses xa se ocupan das cousas importantes e que teñen grande trascendencia na vida diaria dos estradenses (a fundación de exposicións e congresos, a autovia, ou se fulano vai ao fútebol) eu vou falar hoxe dunha tonteria.
No mercado do sábado o concello debeu repartir sacos para o lixo entre os comerciantes. Xa vedes. Unha tonteria. Ou un simple detalle que fai que a chamada Praza de Martínez Anido non quede chea de merda toda a fin de semana. E xa me diredes o esforzo económico e de persoal que require: ningún. Porque aquí sempre se fala de cartos, pero ás veces vale, simplemente, querer facer algo.

Etiquetas: ,