sexta-feira, junho 30, 2006

DE RAPA

De toda a vida na Estrada cando alguén sae do barbeiro o primeiro que lle din é un "que, foches á rapa?". Pois mañá comeza a rapa das bestas de Sabucedo. A festa arranca dentro de nada (se é que non comezou xa a estas horas) cuns concertiños de Linho do Cuco, O Tear de Llerena e LePunk.

A rapa en si comeza mañá ás sete da mañá cando a xente sube ó monte recoller ás bestas.


Logo de acurrar ás greas nun currelo no monte, xa contra as catro da tarde (se botades contas a xente leva xa oito horas pateando, correndo atrás das bestas e picados dos toxos e o sol) báixanse toda a manada até o lugar de sabucedo,



onde quedan gardadas até a hora do curro, que se celebrará sábado e domingo á tarde e luns á mañá.



As fotos, evidentemente non son deste ano, senon do pasado.

Etiquetas:

quarta-feira, junho 28, 2006

EN FESTAS

Finaron as grandes festas da Estrada. E non gostei delas. E iso que tiveron as grandes actuacións de... de... si! de Chocolate ¿¿¿???? de Ráfaga ¿¿¿¿¿¿¿????????? e de... de... Nada que non me lembro. O único positivo que obtivemos foron as actuacións dos estradenses Diskordia, o venres e Linho do Cuco e os Red Hot Chili Frikis o sábado, nun peculiar concerto de folque e rock. Salientable tamén a esperada Feira tradicional galega con... 5 postos!!! Non sei que pensarán os avós que tradicionalmente ían ás feiras por Galiza adiante. E xa, non hai máis, aos lumes non fun, e é que para a xente que traballa fóra... Pois tivemos un dia de festa. Menos mal que tivemos as mellores actuaións.

Etiquetas: ,

sexta-feira, junho 16, 2006

CHOVE!!! (2)


Di un dito que non choveu que non escampara, e neste país tamén podemos dicir que nunca escampou que non chovera de novo. E ainda que non puiden sacar a afoto de onte do móbil, hoxe puiden sacar outras coa cámara de verdade, que xa ten as pilas cargadas. Foi menos que a de onte, pero de novo houbo inundacións. E iso que a rúa a fixeron hai un ano...

Etiquetas:

quinta-feira, junho 15, 2006

CHOVE!!!

Macanudo o trebón de hoxe. E como ben dixen, A Estrada está toda estrada e toda a estrume vai parar aos sumidoiros cando chove. E tanto foi así que, a pesar de estar nun alto, hoxe a vila convirteuse nun río. Menos mal que os chimpíns temos boa altura de vadeo, pero os turismos, Ai, os turismos! Limparon os fondos. O día que consiga sacar as fotos do móbil, poño unha, ho!

Etiquetas:

quarta-feira, junho 14, 2006

A primeira

Temos unha forma especial de ver as cousas por aquí. E neste blog vemos as cousas desde o alto dun chimpín. E vése de todo, non penses, que o mundo é moi grande e un chimpín abarca moito.

Etiquetas: