domingo, novembro 09, 2008

WE WANT CHANGE

Hai 11 meses, en Xaneiro, un tal Barack Obama pronunciou un discurso tras perder nas primárias de New Hampshire ante a daquela candidata oficial do pertido demócrata Hillary Clinton. Ese discurso (aquí traducido por Cesare) foi o comezo da vitória de Obama nas eleccións a presidente do mundo mundial. E ese discurso levou aos EUA duas expresións que hoxe, unha vez Obama xa non é un tal Barack Obama, quedan para a história dese pais. Unha delas saiu do próprio Obama, o Yes We Can (si, podemos ou xa é fin de semana, segundo quen traduza), que quedou como lema da campaña, e que deu lugar a un estupendo video musical de Will I Am. A outra foi coreada polo público durante o discurso e foi a que, ao meu entender, resume o por que da vitória de Obama nas pasadas eleccións nos EUA: We want change (Queremos o cámbio).
O we want change pasa moitas veces nas eleccións por todo o mundo. O povo ás veces cansa dalgúns gobernos e pon unha esperanza de cámbio en alguén que, dalgún xeito,ten o carisma suficiente (se é que iso existe) para canalizar o seu descontento e transforma-lo nalgo positivo, nun algo que eleva a confianza da xente nas persoas e, tamén, na política.
Iso pasou na Estrada. Logo de quince anos de mandado da dereita un goberno de esquerdas chegou ao concello. Moita xente (eu entre eles) depositou unha esperanza de cámbio nese goberno de esquerdas, unha esperanza de que ia mellorar a vida das persoas do concello en detalles que podan parecer irrelevantes mais que son os que se notan no dia a dia.
O malo de depositar a confianza e a esperanza en alguén é que pode quitar-cha. No meu caso, o actual goberno estradense así o fixo. Eu queria o cámbio, mais non o vexo por ningures. Ningunha das áreas do goberno da Estrada cambiou. Non cambiou a política cultural, temos a mesma falla de actividades de hai dous anos, nin unha soa iniciativa, cousa que xa dixen hai seis meses, por certo. Non cambiou a política urbanística, continuamos sen ter un PXOM que ia estar aprobado nun ano e non hai indícios de que se vaia aprobar no próximo, así como tampouco hai indícios de que se vaia tentar cambiar o concepto do urbanismo que tiña o PP. En política ambiental a cousa vai a peor, coa teima de facer un parque empresarial á beira dun rio a pesar de saber que non é bo.
Poderia seguir nomeando cousas que non se fixeron, mais nin teño os programas dos partidos á man nin tempo para numerar tal cantidade de cousas. Simplemente nomeo como logro máis ou menos acadado o plan de participacoón cidadá e a creación das xuntas parroquiais. Polo resto, nada.
E agora, de novo, we want change.

Etiquetas: , , ,

3 Comments:

At 10/11/08 17:15, Blogger Aitana said...

Estou totalmente de acordo contigo.
Non saimos de un que nos metemos noutro que inda fai menos que o anterior.
En fin se todo segue como ata o de agora o mundo cambiara todo enteiro e cun pouco de sorte voltaremos todos o rural e a traballar a terra.

 
At 24/11/08 08:53, Anonymous Anónimo said...

Ostrás!!!, o PSOE é de esquerdas? éche a primeira noticia que teño.

De todos os xeitos coincido contigo no do Regulamento de Participación Cidadá que puxo en marcha o BNG despois da entrada no goberno municipal.

 
At 24/11/08 16:05, Blogger chimpín said...

Anónimo, non puxen que o PSOE fose de esquerdas. Puxen un goberno de esquerdas, tendo en conta que o goberno o forman o PSOE e o BNG e supoñendo (igual supoño demasiado) que o BNG non entraria nun goberno que non fose de esquerdas. Se tentas obter a miña opinión persoal direi que ningún dos dous partidos me parecen de esquerdas a dia de hoxe.
E sobre o regulamento de Participación Cidadá... están a poñe-lo en marcha. Non o puxeron, ainda.

 

Enviar um comentário

<< Home