sexta-feira, outubro 17, 2008

TELEFÓNICA: UNHA NOVA TENTATIVA (e 2)

Desde o 17 de setembro agardei máis de dúas semanas a que aparecese o técnico encargado de mirar o tema do enganche. Unha semana despois, o dia 9 de Outubro fiquei coa liña de ADSL conectada. Polo visto tiven sorte por várias razóns, que se resumen en:
  • Os de telefónica equivocaron-se ao coller o enderezo (eu dei-lle-lo perfectamente, que sei onde vivo), por iso mandaron ao técnico, senón ian mandar merda.
  • Na caixa correspondente (caixa A) non habia pares dispoñíbeis (un par é un punto de conexión para unha liña) dos quince existentes. Máis arriba habia outra caixa con 25 pares (caixa B), da que saian os quince pares da caixa A.
  • O técnico de telefónica (de montelnor, máis concretamente) cambiou unha liña das existentes da caixa A á caixa B, deixando libre unha da caixa A, que foi a que me tocou a min. Desde aquí debo agradecer-lle a este home que buscase a solución, xa que se fose outro non habia mover un dedo.
  • O técnico de telefónica estaba a substituir a outro que estaba de baixa ou vacacións, non lembro. O titular da zona xa pasou de min noutras ocasións.
Pois iso, xa teño teléfono. Dá gusto ver o ben que traballan algunhas empresas.

Etiquetas: ,

2 Comments:

At 19/10/08 04:51, Blogger Aitana said...

Parabens costou traballo pero xa podes disfrutar dunha linea como mandan os informaticos e non a maravillosa rede Estrada dixital que esta esgotando os meus nervios.

Saudos

 
At 27/12/08 19:53, Anonymous Anónimo said...

Xa vexo que a satisfacción dos usuarios de A EstradaDixital ten moito que desexar... Tamén digo que non se pode pedir pesos a catro pesetas!!

Saúdos!!

 

Enviar um comentário

<< Home