segunda-feira, abril 20, 2009

LAGARTO LAGARTO

Onte tivem a oportunidade de fotografar um par de lagartos arnais tomando o sol. E semelhavam estar posando a modo de modelos. Nom sei mui bem que espécie exacta é, ja que os atopei como Lacerta viridis, Lacerta schreiberi e Lacerta lepida. Abrindo cada foto vêm-se muito melhor os detalhes.

Etiquetas: , , ,

4 Comments:

At 20/4/09 14:21, Anonymous Colazo said...

estanche ben mantidos, eu nunca os vin tan fosforitos

 
At 20/4/09 14:32, Blogger chimpín said...

Eram um par de ejemplares bos, sobre todo o da primeira foto, mais outro que nom saeu. Cola incluida haviam ter os seus 40 cm. E ia sol, igual por isso as cores.

 
At 9/4/11 06:37, Anonymous Anónimo said...

Son uns exemplares ben guapos de Lacerta Schreiberi.


A da foto de arriba é unha femia (acompañada dunha lagartixa galega, de nome científico Podarcis bocagei).
O do medio é un macho coa cabeza azul característica de cando están en celo e na foto de abaixo a parella.

Aínda que en moitas aldeas galegas se confunden, estes son lagartos das silvas, distribuídos polo noroeste da península. Os lagartos arnais son os Timon Lepidus e son algo máis grandes.

En canto ós Lacerta viridis (Lagartos Verdes) non os hai por Galicia.

Póñoche un enlace a un par de fotos de lagarto arnal (lagarto ocelado en castelán) para que vexas que son fáciles de diferenciar.

http://www.flickr.com/photos/bocagei/4630348940/

http://www.flickr.com/photos/bocagei/3621636954/

Saúdos.

Fernando.

 
At 9/4/11 16:10, Blogger chimpín said...

Muito obrigado pola info, sobre todo nom sabia o da cabeça azul quando estám em celo, e tampouco sabia que nom eram lagartos arnais, já que por aquí sempre se lhe chamarom assim a estes. Dos que tes nas ligaçons ao Flickr acho que nunca vim, com essas pintas azuis.

 

Enviar um comentário

<< Home