quinta-feira, maio 22, 2008

REBARBADORA

Por veces, a cousa máis simple fai-che ver (neste caso a min) que hai xente moi equivocada (os tangallegos eses) e que hai xente que ten máis razón da que se lle dá. Neste caso unha simple palabra. Tras a triste nova da morte dun mozo en Vilagarcia da Arousa en accidente laboral lin, en todas as edicións en español dos xornais nos que estaba a nova, que o suceso sucedera cunha rebarbadora. Non sei cal é o coñecemento que teñen os xornalistas no que a máquina ferramenta se refire, mais están errados. Todos. Non hai rebarbadoras en español. Ou si. Como préstamo do galego/portugués. Mais a palabra española para referir-se á máquina en cuestión é amoladora. Nin na Voz, nin no Faro, nin en Galiciae, nin no Correo, nin nos diários da Arousa e demais do grupo (este último lazo auto-destruirá-se nunha semana) deben sabe-lo. E iso é porque hai cousas ás que a xente non é quen de chamar-lles por outro nome que non sexa o galego. E iso é porque o idioma galego está tan metido na nosa cultura, que nin os Galiciabilingüistas máis radicais poden evitar as palabras e expresións galegas. Mais seguro que se leran esto dirian algo como
"en castellano está permitido decir rebarbadora"
Ao que eu responderia:
"en español está permitido dicir o que queiras. Nin rebarbadora nin amoladora aparecen no dicionário da RAE (creo, porque non dou entrado na páxina) como o 90% das palabras técnicas utilizadas a dia de hoxe. Mais rebarbadora é unha palabra galega/portuguesa. Amoladora é unha palabra española. E refiren-se ao mesmo aparato"

Etiquetas: ,