quarta-feira, maio 07, 2008

MANU‽‽‽‽‽

O outro dia, a través do chuza! descubro que o señor Manu Chao, eventual visitante das noites estradenses, vai andar por Galiza dando uns concertiños de pre-xira mundial con Radio Bemba Sound System. Segundo a información da nova, en Monforte, os dias 16 e 17 de maio. Decidido a asistir andiven na busca de algo máis de información de lugar e venda de entradas, cando atopei outras datas e lugares no foro da páxina de Manu Chao: Monforte, 16 e 17; Ourense, 21; A coruña, 23 e... tachán! A Estrada o sábado 24 de maio. Oh! pensei. E onde será? Pois internet on ten tanta información como parece. Non se sabe nada, ninguén sabe nada (ou din non saber nada). E na Estrada tampouco se sabe nada. Os medios escritos xa se fixeron eco nas súas edicións dixitais, mais non se sabe nada. Ese mutismo dá-me no nariz que algo quer dicer. Se alguén sabe algo e non lle importa dici-lo, agradece-se.

Etiquetas: , , ,

2 Comments:

At 21/5/08 10:36, Anonymous Anónimo said...

Pois me parece que na estrada nada de nada. Eu por si acaso xa pillei para a coruña. Non me fio do da estrada.Un saúdo.
Mira este enlace

http://www.20minutos.es/noticia/380128/0/manu/chao/coruna/

 
At 21/5/08 14:16, Blogger chimpín said...

De certo, o outro dia confirmou Xurxo Souto as datas no seu programa e A Estrada non estaba entre elas. Engadiu que fóra dos concertos de Monforte, Ourense e A Coruña, o resto eran faladurias sen fundamento. Para quen quede pola Estrada con gana de festa, recomendamos o Manguelo Mestizo (venres) e o Manguelo Folk (sábado)

 

Enviar um comentário

<< Home