segunda-feira, novembro 27, 2006

ACTUALIZACIÓN

Actualizo lazos e estreo etiquetas.

Etiquetas:

terça-feira, novembro 21, 2006

A AUGA BUSCA CAMIÑO

Iso é algo que todos coñecen, di o dito que non se lle poden poñer barreiras ao mar. Pero somos así. gostamos de loitar contra a natureza. Vímolo en dias pasados en lugares como Cee e esta semana en Vilagarcía. No centro da Estrada non ocorría desde o 2001 cando caeu a variante da C-541 quince días despois de ser inaugurada polo daquela conselleiro e hoxe defenestrado Xosé Cuíña. Pero a história repítese, e esta fin de semana caeu outra rúa por ter tapado no seu día un regato coa oposición dos veciños non escoitada. E dá a casualidade de que é onda a casa do Alcalde. Que non se enterará, porque debe seguir de vacacións...

Etiquetas:

terça-feira, novembro 14, 2006

BETA

Desculpade polos desaxustes. É a nova versión de blogger beta. Agardemos corrixilos canto antes.

Etiquetas:

TITULARES DA PRENSA ESCRITA

Primeiro: La primera edición de la Feira de Oportunidades supera los 60.000 euros de volumen de negocio.
Lendo a noticia no faro parece que sacaron os cartos cunha carreta. Polo visto foi un grande éxito, a pesar de que asistiron 29 dos 185 comercios asociados á ACOE (que podia actualizar a súa web, porque debe levar meses igual). A noticia tamén nos di que asistiron persoas que maioriatriamente procedían de
A Estrada, Lalín, Silleda, Vila de Cruces, Padrón, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña, Vigo y A Coruña.
Creo que tamén foi un de Forcarei, pero ¡ah! era minoría.

Descubro tamén que os do faro deben ser do bloque. ¡Como senón poden poñer nun titular que Don Ramón anda de viaxe pola Arxentina! Co que traballou ese home pola vila sen cobrar un peso. ¿Como poden insinuar, e nun titular ademáis, que o noso Alcalde anda por aí de paseo habendo traballo que facer? Home, nin que foran tan importantes as normas urbanísticas, ou o feito de entrar no consorcio de vicepresidencia para Asuntos Sociais.

Por último, o do Partido novo e o seu logotipo. Eu apostei que non ía sair adiante, e mira. Pero a ver. Para adecuarse aos novos tempos hai que facer cousas máis modernas. E se queres que o teu partido sexa unha novidade e o primeiro que imos coñecer del é o logo, deberas curralo un chisquiño máis. E xa cansei. Dos premios San Martiño xa falarei logo da entrega.

Etiquetas: